Dalia, a modista é unha miniserie de televisión galega composta por 4 episodios que se emitiu na TVG entre o 19 de decembro de 2016 e o 9 de xaneiro de 2017. Está protagonizado por María Mera, David Seijo e Xoán Fórneas. Na 15ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en 12 categorías, gañando finalmente 4 premios, á mellor interpretación feminina secundaria para Covadonga Berdiñas, mellor director artístico, mellor maquillaxe e peiteado e mellor deseño de vestiario. Ese mesmo ano tamén foi recoñecida como a mellor serie televisiva nos Premios CREA da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.
Está dispoñible en liña na plataforma AGalega.
Sinopse Ambientada nos anos 50 na vila de Prescedo, conta unha historia de amor, misterio e superación protagonizada por unha moza modista na procura de respostas sobre o suicidio de súa nai.
Personaxes María Mera como Dalia David Seijo Xoán Fórneas Cristina Collazo Fernando González Manuel San Martín Luísa Merelas Susana Sampedro
Acollida Na súa estrea na TVG, obtivo unha cota media de pantalla dun 17%, con picos do 24 por cento de share. Retransmitiuse tamén noutras canles autonómicas (Aragón TV, CMMedia, Televisión Valenciana) e en Europa Europa, canle de televisión latinoamericana.
Adaptación literaria A Fundación Araguaney publicou en 2022 unha adaptación como novela homónima escrita por Noe Martínez, unha das guionistas da miniserie, xunto a Eligio R. Montero e Ghaleb Jaber Martínez.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2017 Categoría:Series de televisión en lingua galega