Dietrich Buxtehude (tamén coñecido como Dieterich segundo a ortografía dinamarquesa), nado ao redor de 1637 e finado o 9 de maio de 1707, foi un compositor e organista europeo (alemán ou danés). É un dos compositores máis importantes do período barroco medio. É coñecido principalmente polas súas obras para órgano. Tamén escribiu moita música coral e para instrumentos como a viola da gamba, instrumento que el mesmo tocaba. Tivo unha influencia moi importante en Johann Sebastian Bach. Cando Bach era moi novo, camiñou máis de 350 km para escoitar a Buxtehude tocar o órgano.

Traxectoria Primeiros anos en Dinamarca Sábese moi pouco dos primeiros anos de Buxtehude. A súa familia procedía da cidade de Buxtehude na Baixa Saxonia pero trasladárase a Oldesloe que hoxe está en Alemaña pero naquela época era parte de Dinamarca. O seu pai era organista en Oldesloe, pero arredor do tempo do nacemento de Dietrich, a familia trasladouse a Helsingborg (hoxe en Suecia, daquela tamén parte de Dinamarca).

A mediados do s. XVII, Suecia e Dinamarca estaban en guerra nese momento, loitando sobre a que país pertencería Helsingborg.

En 1641 a familia trasladouse a Helsingør que estaba xusto ao outro lado do estreito de Öresund. Dietrich Buxtehude probabelmente foi ao colexio alí e aprendeu música do seu pai.

Anos en Lübeck En 1668, nos seus vinte anos, Buxtehude conseguiu o traballo de organista na Igrexa de Sta. María (Marienkirche) en Lübeck, unha das maiores igrexas de Alemaña. O organista antes del fora un home chamado Franz Tunder, que co tempo foi o seu sogro.

O seu traballo non só consistía en tocar o órgano, senón tamén en afinalo e facer administración na igrexa. Compuxo moitas cantatas para os servizos e organizou cinco actuacións musicais vespertinas cada ano. Estes concertos chamábanse “Abendmusik” e realizábanse ás 4.00pm despois do Servizo Vespertino.

Buxtehude permaneceu neste emprego até o final da súa vida. Nunca viaxou moi lonxe. Nicolaus Bruhns foi un dos seus alumnos, e Pachelbel escribiu unha peza de música chamada Hexachordum Apollonis para el.

En 1706, cando Johann Sebastian Bach tiña 21 anos, conseguiu un permiso de catro semanas de vacacións para poder ir a Lübeck a escoitar a Buxtehude tocar. Foi camiñando e permaneceu en Lübeck durante catro meses, e a raíz diso tivo problemas cando regresou ao seu traballo en Arnstadt.

Últimos anos En 1707 Buxtehude decidiu retirarse. Quen obtivese o seu traballo tería que casar coa filla de Buxtehude, Anna. Bach e Johann Mattheson estaban interesados no traballo pero decidiron non aceptalo, xa que probabelmente non querían casar con Anna Buxtehude.

Dietrich Buxtehude faleceu, e o home que fora o seu asistente conseguiu o traballo e casou con Anna pouco despois.

A súa música Os órganos que Buxtehude tocaba eran instrumentos moi grandes con sons brillantes (brillantes mesturas, reeds e un “Zimbalstern” que era unha estrela que xiraba ao redor, facendo un son tintineante). A súa música é moi grandiosa e impresionante. Moitas das súas pezas para órgano teñen varias seccións, cada unha a unha velocidade diferente. A miúdo soan como unha improvisación libre. Algúns dos tramos son fugas. Sobreviven polo menos 128 obras vocais, case todas elas música eclesiástica. Escribiu obras instrumentais, música de cámara e pezas para clavicémbalo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Música barroca

Categoría:Compositores de Dinamarca Categoría:Compositores do Barroco Categoría:Finados en 1707 Categoría:Compositores de Alemaña