Columbus Circle é un filme estadounidense de 2012 dirixido por George Gallo e coescrito por Gallo e Kevin Pollak. O filme está protagonizado por Selma Blair, Giovanni Ribisi, Beau Bridges, Amy Smart, Jason Lee e Kevin Pollak. O filme distribuíuse directamente en vídeo nos Estados Unidos o 6 de marzo de 2012. O produtor Christopher Mallick foi acusado de roubar millóns de dólares a clientes da súa xa desaparecida empresa de facturación "ePassporte" para financiar a produción dos seus filmes. Foi o derradeiro filme de Robert Guillaume antes do seu retiro en 2014 e a súa morte o 24 de outubro de 2017.
Estreouse en galego o 21 de agosto de 2024 a través da TVG.
Sinopse Unha rica herdeira encerrouse no seu apartamento de Columbus Circle durante case dúas décadas. Un detective que investiga a morte dun dos seus veciños e a parella que se muda ao piso baleiro obrígana a enfrontarse aos seus medos ao mundo exterior.
Personaxes
Selma Blair como Abigail Giovanni Ribisi como Detective Frank Giardello Amy Smart como Lillian Jason Lee como Charlie Kevin Pollak como Klandermann Beau Bridges como Dr. Raymond Fontaine Jason Antoon como Detective Jerry Eaans Jerry Penacoli como el mesmo Robert Guillaume como Howard Miles Samm Levine como director do banco
Produción A rodaxe tivo lugar nos Ánxeles.
Notas
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por George Gallo Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2012 con versión en galego