O zoqueiro de Vilaboa. Boceto de zarzuela gallega n´un acto e tres cuadros é unha obra do ano 1907 de Alfredo Nan de Allariz.
Características O zoqueiro de Vilaboa : boceto de zarzuela gallega n'un acto e tres cuadros, orixinal letra e música de Alfredo Nan de Allariz. Estreada n'o Teatro Nacional d'o Centro Gallego d'Habana, a noite de Santiago de 1907 n'a función d'a Sociedade de Beneficencia de Naturales de Galicia; e n'o Teatro Emilia Pardo Bazán d'a Cruña a noite do 8 de novembre de 1908, é un cadriño animado e pintoresco da vida nas aldeas, coas súas loitas de parroquia con parroquia, restos dun pasado remoto, e unha aceirada crítica para todos eses valentes, de dentes fóra, que incitan uns contra outros e chegado o momento do perigo ninguén os ve, porque, ben por unha causa ou outra, sempre achan desculpa para encubrir a súa covardía. Segundo Uxío Carré Aldao as escenas son movidas e graciosas, facendo que a obra se vexa con sumo agrado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos ¡Non máis emigración! A lenda de Montelongo
Categoría:1907 en Galicia Categoría:Zarzuelas galegas Categoría:Obras de teatro en galego