Hit Man: Asasino por casualidade (en ) é un filme estadounidense de 2023 producido e dirixido por Richard Linklater, quen escribiu o guión xunto a Glen Powell. O filme está protagonizado por Powell, Adria Arjona, Austin Amelio, Retta e Sanjay Rao. Conta a historia dun policía encuberto de Nova Orleáns que se fai pasar por un sicario fiable mentres intenta salvar unha muller necesitada. A premisa básica baséase na historia real dun profesor universitario que traballou para a policía de Houston a finais dos anos 80 e 90 como un sicario falso, como se describe nun artigo da revista de 2001 por Skip Hollandsworth.

Hit Man: Asasino por casualidade estreouse na 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia o 5 de setembro de 2023. Estreouse en cinemas selectos dos Estados Unidos o 24 de maio de 2024, antes do seu debut en streaming por Netflix o 7 de xuño, con grande éxito da crítica. Estreouse en Amazon Prime Video o 27 de agosto de 2024 con versión dobrada e subtitulada en galego.

Personaxes Glen Powell como Gary Johnson Adria Arjona como Madison Figueroa Masters Austin Amelio como Jasper Retta como Claudette Sanjay Rao como Phil Molly Bernard como Alicia Evan Holtzman como Ray

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Richard Linklater Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes ambientados en Nova Orleáns Categoría:Filmes sobre educadores Categoría:Filmes de 2023 con versión en galego