Os Ancares: A serra esquecida é un documental galego de 2012 dirixido por Enrique Rodríguez e producido por Formato Producciones para a Televisión de Galicia.
En 1968 o xornalista Enrique de Arce Temes realizou unha reportaxe para El Ideal Gallego sobre a situación dos habitantes da serra dos Ancares, que vivían completamente illados nunhas condicións máis propias da Idade Media que do século XX. A crónica daquela expedición e dos anos posteriores quedou recollida no libro Os Ancares: A serra esquecida (2010). O documental relata os acontecementos descritos no libro, contando co testemuño dos protagonistas daquela expedición e dos veciños que habitaron nos Ancares durante aqueles anos.
Elenco Enrique de Arce José Manuel Vázquez Roberto Cea Veiga Pedro de Llano Alfredo Sánchez Carro
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas 20px
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Documentais galegos Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes históricos Categoría:Cervantes