Máis Mates é unha revista dixital estudantil de matemáticas que comezou a publicarse no 2023. Tenta saír bimestralmente e está publicada por un grupo de estudantes da Facultade de Matemáticas da USC.

Características Máis Mates publica artigos en galego de divulgación matemática, incluíndo unha sección de problemas.

As súas seccións son: Historia, actualidade, sociedade e retos. As persoas autoras dos artigos son estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.

En 2024 presentouse no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro e na Casa dos Poetas.

Notas

categoría:Publicacións en liña de matemáticas Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Matemáticas en Galicia