miniatura|Segundo o argumento, un dos resultados de aceptar estes criterios sería a privación de plena consideración moral aos bebés. O argumento da superposición de especies, tamén coñecido como argumento de casos marxinais, é un argumento en contra do especismo. Segundo quen o defende, os criterios empregados para outorgar consideración moral só aos seres humanos, como a posesión de capacidades cognitivas complexas ou de relacións especiais, sempre deixan fora a certos seres humanos, como é o caso dos bebés (é dicir, todos os seres humanos no comezo da súa vida) ou persoas con diversidade funcional, o que tería a consecuencia de ou ben aceptar non outorgar consideración moral a estas persoas ou ben empregar outros criterios para a consideración moral, como a sintiencia, os cales incluirían tamén aos animais non humanos.
Unha versión do argumento foi presentado por Peter Singer na súa obra Animal Liberation. A denominación "argumento de casos marxinais" é de Jan Narveson, defensor do especismo, mentres que a denominación "argumento da superposición de especies" foi proposta por Óscar Horta, quen considera que a primeira non é axeitada.
O argumento considérase unha das mellores defensas do antiespecismo pola dificultade de rebatelo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Ética aplicada Categoría:Ética dos dereitos dos animais