Abundio Ledo Gómez, nado en Salvaterra de Miño cara a 1888 e finado en Burgos o 18 de xaneiro de 1940, foi un xastre, sindicalista e político galego.
Traxectoria Carteiro de Fornelos, marchou a Cuba en outubro de 1920.El Tea, 23-10-1920, p. 2. Colaborou en El Tea. Retornou a Salvaterra en maio de 1922,El Tea, 13-5-1922, p. 2. e instalouse como xastre en Fornelos (Salvaterra de Miño). Elixido concelleiro de Salvaterra de Miño en 1931 e nomeado cuarto tenente alcalde. Foi elixido presidente do sindicato El Progreso de Fornelos en xaneiro de 1933,El Pueblo Gallego, 22-1-1933, p. 12.El Tea, 14-2-1933, p. 3. Logo do triunfo da Fronte popular na eleccións de febreiro de 1936 foi reposto como concelleiro de Salvaterra de Miño.Base de datos de concelleiros das corporacións republicanas
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria o 15 de setembro xunto con Manuel Monteagudo Rodríguez, Manuel Mariño Méndez, José Macías Gutiérrez, Vicente Domínguez Vilar, Etelvino Tielas e Román Santillán."Requisitorias", El Pueblo Gallego, 15-9-1936, p. 4. Detido, foi xulgado en consello de guerra en Vigo o 27 de xullo de 1937 e condenado a 30 anos. Trasladado á Prisión Central de Burgos para cumprir condena o 27 de setembro. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1938.El Ideal Gallego, 20-3-1938, p. 5. Finou na Prisión de Burgos por tuberculose pulmonar o 18 de xaneiro de 1940.En recuerdo de todas las víctimas Pecharon o seu expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1940.BOE, 13-12-1940, p. 5676.
Vida persoal
Casou con Rosa Estévez Rodríguez o 9 de decembro de 1918.El Tea, 23-12-1918, p. 2. Notas
Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Concelleiros de Salvaterra de Miño Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Salvaterra de Miño Categoría:Nados en 1888
Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes