Desmontando a Barbie (en ) é un filme documental estadounidense dirixido, escrito e producido por Andrea Blaugrund Nevins. Estreouse o 27 de abril de 2018 en Hulu. O filme explora a creación da boneca Barbie, o efecto que tivo na cultura e a súa evolución ao longo das décadas. Durante anos, Barbie xerou expectativas pouco realistas sobre os corpos femininos entre as mozas máis novas, chegando a causar causar problemas de imaxe corporal, Segundo Time, esta boneca pequena, alta e con curvas coñecida como Barbie, constitúe á vez unha figura importante do movemento feminista e simboliza a opresión masculina. Isto provocou debate e controversia por varias razóns que este documental pretende captar.

Estreouse en galego o 9 de outubro de 2024 a través da plataforma AGalega.

Acollida Desmontando a Barbie recibiu unha resposta positiva da crítica. Na páxina web de recensións Rotten Tomatoes ten un índice de aprobación do 81% cunha valoración media de 7,2/10 baseada en 16 críticas. O consenso crítico do sitio di: "Unha reflexión sobre os estándares de beleza e o feminismo, Tiny Shoulders vai máis aló das observacións plásticas para crear un exame imparcial do papel de Barbie na cultura máis ampla".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Andrea Blaugrund Nevins Categoría:Filmes de 2018 con versión en galego