José Ramón Oubiña González, coñecido como Caseiro, nado na Pobra do Caramiñal cara a 1913 e finado en Santiago de Compostela o 22 de setembro de 1936, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Traxectoria Secretario da CNT e redactor de Mundo Obrero. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela por rebelión militar o 17 de setembro xunto con Segundo González Davila, Avelino Chousa Martínez e Manuel Boo López,El Eco de Santiago, 18-9-1936, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado nas inmediacións do cemiterio de Boisaca de Santiago de Compostela o 22 de setembro con Manuel Tarrío Requejo, Maximino Martínez Pomar, Marcelino Pasín Noya, Segundo González Davila e Manuel Boo López.El Eco de Santiago, 22-9-1936, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
La cruzada en Compostela
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1936