Catalina Ruiz-Navarro, nada en Barranquilla en 1982, é unha xornalista e activista feminista colombiana.
Traxectoria
Estudou unha mestría en artes visuais con énfases en artes plásticas e filósofía na Pontificia Universidade Javeriana, e mestría en literatura da Universidade dos Andes. É cofundadora e directora da páxina web Volcánicas, unha revista virtual dedicada ao xornalismo de perspectiva feminista, escribe unha columna semanal para o xornal colombiano El Espectador dende 2008 e para o xornal El Heraldo de Barranquilla. Foi cofundadora do proxecto de Youtube Estereotipas (2015-2017), que recibiu os premios Chiuku de MTV Axentes de Cambio, na categoría de Equidade de xénero; o premio #LeadHers de Marie Claire América Latina na categoría de Politicamente incorrectas; o premio Cidade de México á Acción Cidadá do Ano pola campaña #MiPrimerAcoso en 2016.
En 2016, o xornal británico The Guardian publicou unha columna súa sobre a violencia cara ás mulleres en Guatemala. En 2020 publicou o libro Las mujeres que luchan se encuentran.
Notas
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Barranquilla Categoría:Activistas de Colombia Categoría:Xornalistas de Colombia Categoría:Feministas de Colombia