A anduriña das pontes (Cecropis rufula) é unha ave paseriforme da familia dos hirundínidos. Anteriormente foi considerada unha subespecie da anduriña dáurica (Cecropis daurica).
Taxonomía Foi descrito formalmente en 1835 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck baixo a nomenclatura binomial Hirundo rufula. O epíteto específico latino rufulus significa "avermellado". A anduriña das pontes era anteriormente tratado como subespecie da anduriña dáurica (Cecropis daurica). A ruptura baseouse en diferenzas en morfoloxía e diverxencia xenética. A anduriña das pontes é monotípica: non recoñece subespecies.
Distribución e hábitat miniatura|En voo con material para facer o niño. Cría no sur de Europa e en pequenas áreas de África. Durante o inverno migra a África e ao suroeste de Asia.Turner (1989) pp. 201–204 En Galicia é estival de marzo a setembro. É escasa pero en expansión, máis abundante na metade sur.
Comportamento e ecoloxía Estas anduriñas pódense atopar sobre prados onde eles cazan insectos. Ás veces poden aproveitar a presenza do gando. Son similares en costumes e aparencia ao resto de aves insectívoras, como as demais anduriñas e apódidos. A súa parte superior é azul e a inferior é escura. Semellan anduriñas comúns, mais son máis escuras por baixo.
Non adoitan formar grandes bandadas, mais é sociábel fóra da estación de criar. Moitos centos poden ser vistos á vez nas chairas da India.
Estado de conservación Segundo a Unión Internacional para Conservación de Natureza (IUCN) , a anduriña das pontes ten unha gama enorme e unha poboación de millóns de individuos. Considérase unha especie pouco preocupante. Consultado o 3 de xaneiro de 2010
Esténdese polo norte Europa, colonizou Francia e Romanía en décadas recentes. Estímase a poboación europea entre 100.000 e 430.000 parellas criadeiras e entre 300.000 a 1.290.000 individuos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Aves de Eurasia Categoría:Animais descritos en 1835