Ventura Requejo Buenadas, nado en Vigo en 1892 e falecido en Panxón (Nigrán) o 8 de agosto de 1939, foi un debuxante e caricaturista galego.
Traxectoria Formouse en Londres, foi ilustrador na revista gráfica Vida Gallega e colaborou noutras publicacións periódicas como La Esfera. Entre as súas ilustracións encóntranse escenas costumistas galegas e paisaxes. En 1916 participou nunha exposición de caricaturas en Madrid. Dedicouse como afeccionado á fotografía, catro paisaxes da súa autoría publicáronse no número 168 de Vida Gallega en 1921. Faleceu o 8 de agosto de 1939 a causa dun accidente ferroviario ao intentar subir en marcha en praia América ao tranvía entre Vigo e San Pedro da Ramallosa.
Galería de imaxes
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Finados en 1939 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Finados en accidente ferroviario Categoría:Fotógrafos de Galicia coa obra no dominio público