Ephippiorhynchus é un pequeno xénero de cegoñas. Contén soamente dúas especies vivas, que son aves moi grandes de máis de 140 cm de altura cunha envergadura de 230–270 cm. Ambas son principalmente negras e brancas, con enormes peteiros. Os sexos destas especies teñen unha plumaxe similar, mais os ollos dos machos son marróns escuros e nas femias son amarelos. Os membros deste xénero son ás veces chamados "xabirús", pero este nome se refire máis propiamente a unha especie emparentada de América, o Jabiru mycteria.

Estas grandes aves limícolas reprodúcense en marismas e zonas húmidas, construíndo un niño de paus grande e profundo nunha árbore. Como a maioría das cegoñas, voan co pescozo estendido, non retraído como nas garzas; en voo, presentan unha forma estraña, coa cabeza e o gran peteiro algo inclinado cara a abaixo. Son silenciosos excepto cos ruídos que fan no niño ao repenicaren abrindo e pechando rápido o peteiro.

As cegoñas Ephippiorhynchus, igual que a maioría dos seus parentes, aliméntanse principalmente de peixes, ras e congrexos, pero tamén de aves xoves, e outros vertebrados terrestres. Móvense de maneira deliberadamente maxestosa cando cazan, de maneira similar ás grazas máis grandes.

O nome do xénero Ephippiorhynchus deriva do grego antigo ephippos, unha 'sela' (literalmente "algo que está situado sobre un cabalo"), e rhynchus, 'peteiro', e refírese ao escudo frontal que está sobre o peteiro dunha das especies.

Inicialmente a única especie deste xénero era E. senegalensis, mentres que E. asiaticus foi inicialmente descrita dentro do xénero Mycteria e despois en Xenorhynchus, pero finalmente foron situadas no mesmo xénero, o cal foi apoiado por datos osteolóxicos e comportamentais, así como datos de hibridación ADN-ADN e do citocromo b. Os xéneros Xenorhynchus e Ephippiorhynchus foron ambos creados ao mesmo tempo, e como primeiro revisor, Kahl seleccionou o segundo como o xénero válido para estas dúas especies. O xénero máis emparentado é Jabiru, de América.Hancock & Kushan, Storks, Ibises and Spoonbills of the World. Princeton University Press (1992),

Especies 180px|miniatura|E. senegalensis miniatura|180px|E. asiaticus Hai dúas especies actualmente existentes: Ephippiorhynchus senegalensis, de África. Ephippiorhynchus asiaticus, de Asia e Australia.

Un parente prehistórico, o Ephippiorhynchus pakistanensis, foi descrito a partir de fósiles de Mioceno tardío atopado en Paquistán. Aproximadamente na mesma época, outra especie extinta, Ephippiorhynchus tchoufour, apareceu na parte oriental de África central.

Notas

V éxase tamén Bibliografía Barlow, Clive (1997): A field guide to birds of the Gambia and Senegal. Pica Press, Nr. Robertsbridge (East Sussex). Grimmett, Richard; Inskipp, Carol, Inskipp, Tim & Byers, Clive (1999): Birds of India, Pakistan, Nepal, Bangladesh, Bhutan, Sri Lanka, and the Maldives. Princeton University Press, Princeton, N.J..