Marc Aguado Pallarés, nado en Zaragoza o 22 de febreiro de 2000, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Real Zaragoza, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Real Zaragoza da súa cidade natal, e o 26 de agosto de 2018 debutou co filial, o Deportivo Aragón, na Terceira División.
O 11 de agosto de 2020, despois de ser un titular habitual do segundo equipo, foi cedido ao FC Andorra, da Segunda División B, no que militou a préstamo durante tres anos, conseguindo no segundo deles o ascenso á Segunda División.
Debutou na categoría de prata o 15 de agosto de 2022, nunha vitoria por 0-1 sobre o Real Oviedo no Carlos Tartiere. No verán de 2023 regresou ao Zaragoza.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Futbolistas de Aragón Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do FC Andorra Categoría:Xogadores do Real Zaragoza