Grace Harriet Warrack, nada o 29 de marzo de 1855 e finada o 3 de xaneiro de 1932, foi unha editora e tradutora escocesa.
Traxectoria miniatura|Portada de Revelations of Divine Love (edición de 1901)|alt=Portada de Revelations of Divine Love (edición de 1907) Grace Warrack naceu en Edimburgo o 29 de marzo de 1855, a terceira filla de John Warrack, de Aberdeen, e Grace Stratton, de Dunkeld.
En 1901, Warrack editou a obra Revelations of Divine Love, da mística medieval Xiana de Norwich (c. 1343-c. 1416), a partir do manuscrito Sloane 2499 atopado no Museo Británico. Trátase dunha tradución do inglés medio ao moderno que achegou a escrita da anacoreta ao público do século XX. A portada foi ilustrada pola artista irlandesa Phoebe Anna Traquair (1852-1936). Warrack publicou tamén escolmas de literatura popular italiana e de poesía francesa. Recibiu as Palmes académiques do Ministerio de Instrución Pública francés polo seu interese na literatura do país.
Warrack traballou tamén co artista de vidreiras Douglas Strachan (1875-1950) para deseñar as fiestras da High Kirk da Igrexa Libre de Escocia (na actualidade, a New College Library da Universidade de Edimburgo). Impresionada pola súa obra, fíxolle varios encargos en Edimburgo. A súa intención era elaborar unha serie de fiestras en lembranza da súa familia, de célebres misioneiros e heroes, e mais dos seus ídolos literarios. O proxecto levou vinte anos por parte de Strachan, e a propia Warrack dedicou meses avaliando o deseño de cada ventá.
Warrack finou o 3 de xaneiro de 1932.
Publicacións Revelations of Divine Love (1901) Little Flowers of a Childhood: The Record of a Child (1906) Florilegio di canti toscani: Folk Songs of the Tuscan Hills (1914) From Isles of the West to Bethelehem (1921) Une guirlande de poésies diverses (1923) Dal cor gentil d'Italia (1925)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Revelations of Divine Love Xiana de Norwich
Ligazóns externas Revelations of Divine Love, edición de Grace Warrack (Internet Archive)
Categoría:Finados en 1932 Categoría:Nados en 1855 Categoría:Tradutores de Escocia