Marcel Courthiade, nado 2 de agosto de 1953 en Montceau-les-Mines e finado 4 de marzo de 2021 en Tirana, foi un lingüista francés, investigador e promotor da lingua e cultura romaní.
Traxectoria Naceu na rexión histórica da Borgoña mais seu pai era occitanofalante. Marcel Courthiade comezou a estudar medicina na Universidade de Clermont-Ferrand que abandonou en favor do estudo das linguas eslavas con especialización no campo das linguas serbocroata e polaca. Despois continuou estudos no Instituto Nacional de Linguas e Civilizacións Orientais (INALCO) de París, e logrou diplomas en albanés, macedonio e polaco. Durante os seus estudos, involucrouse no traballo de varias ONG activas en proxectos educativos dirixidos aos xitanos albaneses, e así coordinou e xestionou diversos proxectos educativos e culturais. Durante catro anos traballou como analista político e intérprete na embaixada francesa en Albania. Defendeu a súa tese doutoral Phonologie des variétés dialectales de Rromani et diasystèmes graphiques de la langue Rromani na École Pratique des Hautes Études (EPHE) en 1995 e logo foi profesor asociado de sociolingüística romani nesa institución ata que en 1997 pasou a dar clases en INALCO.
En 2008, foi, con Esma Redžepova, a figura principal do filme documental Le Chant des Rroms de Louis Mouchet .
Dende 2019 ata a súa morte, pertenceu como personalidade cualificada ao consello científico da Délégation interministérielle à la lutte contre le racisme, l'antisémitisme et la haine anti-LGBT .
Divulgador da literatura romaní, traduciu diversos autores, así Bronisława Wajs ao francés, Kujtim Paćaku ao inglés e ao francés, a obra de teatro Kosovo mon amour de Jovan Nikolić e Ruždija Sejdović ao francés ou Rajko Đurić ao francés e polaco. Na década de 1980 tamén publicou traducións de poesía ao occitano para a revista Òc e en 1984 traduciu o conto en verso de Aleksandr Pushkin L'Orsa.
Ao longo da década de 1980 desenvolveu unha ortografía para o romaní que se presentou oficialmente nunha conferencia en Saraievo en 1986 e que a Unión Romaní Internacional adoptou en 1990 como a súa ortografía estándar, así e todo fóra das publicacións do propio Courthiade ou da URI o seu uso limítase dende entón principalmente a materiais educativos mentres que son estándares locais os que prevalecen en cada país.
Publicacións Romani fonetika thaj Lekhipa (1986) Titograd, Pobjeda Xàca dùme, but godi (1980s) Morfologija e gjuhës rrome të përbashkët (1988) Titograd, Pristina. Gramatika e gjuhës Rrome (1989) Rromano Startorro (1990) Saraievo, Svjetlost Stuart Manns Wörterbuch des albanischen Romanes (1990) In the margin of Romani. Gypsy languages in contact (1991) Dialektologikano pućhipnasqo lil vaś-i klasifikàcia e rromane ćhibǎqe [dia]lektenqiri (1992) Śirpustik ćhibǎqiri amare ćhibǎqiri (1992) Lil e Efesianěnqe. Epistoli pros Efesioys (1993) Terre d'asile, terre d'exil. l'Europe tsigane (1993) con Patrick Williams. París, Survival International De l'usage de l'abécédaire « Śirpustik amare ćhibǎqiri » (1994) Toulouse, CRDP Midi-Pyrénées Langues de Diaspora (1994) París, CERPL Phonologie des parlers rrom et diasysteme graphique de la langue romani (1995) Université de la Sorbonne Nouvelle Structure dialectale de la langue rromani (1998) Les Rroms, Ashkalis et Gorans de Dardanie (Kosovo) (2000) París, INALCO La Littérature des Rroms, Sintés et Kalés (2002) Les Tziganes ou le destin sauvage des Roms de l'Est (2002) con Claire Auzias. París, Michalon Fjalor rromisht-shqip. i të folmeve rrome në përdorim në Shqipëri : mec̨ karisht, kabuxhisht, rupanisht e shkodranisht : rreth 4400 fjalë : me një fjalorth shqip- rromisht, rreth 3000 fjalë Tirana, Rromani Baxt Les Rroms dans les belles lettres européennes (2004) con Rajko Djuric. París, l'Harmattan Sagesse et humour du peuple rrom (2007) con Stella Méritxell Pradier e Ferdinand Koci. París, l'Harmattan Morri angluni rromane ćhibǎqi evroputni lavustik. Első rromani nyelvű európai szótáram : cigány, magyar, angol, francia, spanyol, német, ukrán, román, horvát, szlovák, görög (2009) Budapest, Fővárosi Onkormányzat Cigány Ház Guide de conversation rromani (2010) París, Assimil, Slovensko-rómsky/rómsko-slovenski slovník (2011) . Con Anna e Martina Koptová. Košice: Dobrá rómska víla Kesaj Petite histoire du peuple rrom : première diaspora historique de l'Inde (2019) Lormont : le Bord de l'eau
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo da conferencia do 31 de maio de 2014 en Ostana (Valadas Occitanas de Italia) sobre a escritura en lingua nai (en occitano) Vídeo da intervención no III Seminario Internacional Rroma de Valencia, outubro de 2011 (en castelán) Vídeo para a Roma Education Fund en 2019 (en inglés) Vídeo da intervención da Conferencia da URI en Riga en 2019 (en romaní)
Categoría:Lingüistas de Francia Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados no departamento de Saona e Loira Categoría:Escritores en lingua romaní