O Brynäs IF Dam é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Gävle (Suecia). Actualmente compite na Svenska damhockeyligan (SDHL), a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco. Xoga os seus partidos como local no Monitor ERP Arena, un pavillón con capacidade para 7 909 persoas.

Comezou as súas operacións contra o ano 1981.

Historia Se ben non é doado determinar con exactitude o ano no que o Brynäs IF iniciou as súas actividades no hóckey sobre xeo feminino, e é difícil atopar datos dos seus primeiros anos, de acordo con Tony Östlund adoita sinalarse o ano 1981. Non é ata 1984 cando a Asociación de Hóckey sinala no seu informe anual que tanto o Brynäs como o Heby presentaron os seus equipos femininos o Día do Hóckey en Gavlerinken.

Sábese indirectamente que o equipo competiu na tempada 1985-86 na division I, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino sueco na época, xa que en documentos referentes á tempada 1986-87 sinálase que o equipo finalizou na terceira posición por detrás de Nacka e Farsta, e que o Brynäs competiu "tamén esta tempada". Na tempada 1987-88 o equipo caeu nos cuartos de final do campionato sueco.

En 1989 celebrouse na cidade alemá de Düsseldorf o primeiro Campionato de Europa feminino de hóckey sobre xeo e catro xogadoras do equipo (Petra Wickström, Maria Hedlund, Camilla Kempe e Karin Andersson) formaron parte do equipo sueco. Ese mesmo ano disputáronse por primeira vez os play-offs da liga sueca, nos que o equipo de Gävle chegou ás semifinais, onde caeu fronte o MoDo a pesar de contar coa vantaxe de campo. No partido pola medalla de bronceo equipo perdeu fronte o Alvesta SK.

O 27 de marzo de 2026 o Brynäs proclamouse campión sueco por primeira vez na súa historia logo de derrotar o Frölunda no terceiro partido das finais disputado en Gävle por 6-2, deixando o resultado global da serie en 3-0. O equipo de Gotemburgo precisaba gañar para ter opcións de revalidar o título, mais finalmente o Brynäs conseguiu remontar e facerse coa vitoria e o campionato logo dun partido no que salientaron as xogadoras finlandesas Noora Tulus (un gol e tres asistencias no partido) e Viivi Vainikka (dous goles) e que contou coa presenza de 6 851 persoas nas bancadas.

Palmarés Trofeos colectivos SDHL 1 campionato de liga: 2026 7 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2010, 2011, 2012, 2013, 2021, 2022, 2023 11 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1992, 1994

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Brynäs IF Ligazóns externas

Sitio web do equipo femimino do Brynäs