Girard ou Gérard Desargues, nado en Lión, Francia, o 21 de febreiro de 1591 e finado en outubro de 1661 ibídem foi un arquitecto, enxeñeiro e matemático francés. Fixo un amplo traballo no campo das matemáticas, sendo un pioneiro da xeometría proxectiva.
Traxectoria Desde os trinta e cinco anos, a partir de 1626, foi profesor en París e oficial do corpo de enxeñeiros do cardeal Richelieu. Na capital francesa coñeceu a Descartes, a quen apoiou en algunhas polémicas. En 1650 regresou a Lión, onde permaneceu ata o seu falecemento.
A súa contribución máis coñecida é o chamado teorema de Desargues. Así mesmo, realizou unha profunda investigación sobre seccións cónicas (elipses, parábolas e hipérboles) e triángulos; Baseándose nestes estudos, Poncelet desenvolveu a súa teoría sobre as imaxes homólogas.
Obras destacadas Traité de la section perspective (1636). Brouillon project d'une atteinte aux événements des rencontres d'une cône avec un plan (1639). Nese último libro escribiu os conceptos básicos da xeometría proxectiva, e tivo unha grande influencia en Pascal.
Homenaxes O cráter Desargues na lúa foi nomeado na súa honra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Xeometría proxectiva Ligazóns externas Girard Desargues (mathshistory.st-andrews.ac.uk)
Categoría:Nados en 1591 Categoría:Nados en Lión Categoría:Finados en 1661 Categoría:Arquitectos de Francia Categoría:Matemáticos de Francia Categoría:Enxeñeiros de Francia