miniatura|280x280px|Miniatura do Cancioneiro da Ajuda, mostrando un nobre, un xograr con viola de arco e unha soldadeira con pandeireta. A soldadeira en galego-portugués (soldadera en castelán e jograresa en occitano) na Europa medieval, era unha muller que cantaba e danzaba realizando exercicios ximnásticos durante actuacións xograrescas ou trobadorescas."Soldadeira". Dicionario RAG. Real Academia Galega. Consultado o 16 de decembro de 2022."Soldadero, ra". Dicionario da lingua española. Real Academia Española. Consultado o 16 de decembro de 2022.
Como o seu nome indica, as soldadeiras dos reinos medievais ibéricos refírense ás 'mulleres a soldo', que ás veces significaba unha muller de moralidade cuestionábel e corresponde ás jograresas (bufonas) provenzais.
Adelina Aletti refírese a elas como as 'herdeiras espirituais' das 'puellae gaditanae' do sur da Bética, mencionadas por Marcial e Juvenal.
As súas danzas solían acompañarse con "castañolas ou outros instrumentos de percusión porque os xograres tocaban instrumentos de corda ou corda fretada, como a viola de arco, a cítola" ou outro instrumento.
Soldadeiras famosas A máis famosa das soldadeiras foi María Balteira, que frecuentou as cortes de Fernando III de Castela e do seu fillo Afonso X o Sabio, protagonista de varias cantigas de escarnio e maldicer e branco favorito dos poetas da época. Consérvanse dezaseis composicións sobre a alegre licenciosidade da súa vida e arte. A tradición popular supóna arrepentida e penitente nos últimos anos da súa vida e foi enterrada no mosteiro cisterciense de Santa María de Sobrado. Debeu ter sido unha personaxe moi popular, pois é citada en 15 cantigas, a maioría dos Betanceiros, coma ela, Pero Garcia de Ambroa e Pedr´Amigo de Sevilla, pero tamén de Pero da Ponte.
Outras soldadeiras coñecidas son María Negra, da que se conservan tres cancións dedicadas a ela por Pedro García Burgalés, como a de: María Negra vi eu, en outro día, ou Maior García, cantada polos juglares João Baveca e Pedr'Amigo. A María de Grave menciónase na cantiga de Johan Soarez Coelho: Maria do Grave, grav’ é de saber e María Mateu que aparece é unha cruel sátira de Afonso Eanes de Cotom: Mari’ Mateu, ir-me quer’ eu daquen.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Aletti, Adelina (1980). Gli abbracci feriti: poetesse portoghesi di oggi . Milán: G. Feltrinelli. p. 5. Filios, Denise Keyes (1997). Women Out of Bounds: Soldadeiras, Panaderas, and Serranas in the Poetry of Medieval Spain. (Tese de doutoramento en Literatura Comparada). Universidade de California, Berkeley. páxinas 13, 22, 68. Dronke, Peter (2007). Forms and imaginings: from antiquity to the fifteenth century . Edizioni di Storia e Letteratura. p. 334.
Outros artigos
Lírica galaico-portuguesa Trobador, trobadora Trobairitz
Ligazóns externas Ofydd (17 de xaneiro de 2006). "A soldadeira. Facendo xustiza con María Peres "a Balteira"". Celtiberia. Consultado o 19 de maio de 2022.
Categoría:Literatura de Portugal Categoría:Literatura en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Reino de Galicia Categoría:Reino de Portugal Categoría:Reinos medievais Categoría:Danza Categoría:Ximnasia Categoría:Música de Galicia Categoría:Música de Portugal Categoría:Música de Castela