O bilurico solitario (Tringa solitaria) é unha pequena ave limícola de América, que en raras ocasións visita Europa. O nome do xénero Tringa é unha palabra neolatina creada por Aldrovandus en 1599 baseada no grego antigo trungas, un paxaro mencionado por Aristóteles. O nome específico solitaria vén do latín solus, "só".
Descrición
Esta especie mide de 18 a 23 cm e longo, ten unha envergadura de ata 50 cm e unha masa corporal de 31 a 65 g.Solitary sandpiper at All about birdsCRC Handbook of Avian Body Masses by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (1992), . É un limícola repoludo cun dorso verde escuro, cabeza e peito cincentos e o resto da parte inferior branco. É moi recoñecible en voo, coas súas ás escuras por riba ou debaixo, e unha rabadilla e centro da cola escuros. Esta última característica distíngueo da especie lixeiramente máis grande e de ás máis anchas, pero polo demais moi similar, bilurico de ás negras (T. ochropus) de Europa e Asia, co cal está estreitamente emparentado. Esta última especie ten unha rabadilla branca brillante. En voo, o bilurico solitario fai un asubío de tres notas característico. Ambas as especies teñen ás marróns con poucas pintas claras, e un delicado pero contrastante padrón do pescozo e peito. Ademais, ambas as especies nidifican nas árbores, a diferenza doutros escolopácidos.
Distribución e hábitat
Reprodúcese en zonas boscosas de Alasca e Canadá. É unha ave migratoria, que inverna en América Central e do Sur, especialmente na cunca do río Amazonas, e no Caribe. Ás veces cruza o Atlántico como ave vagante moi rara que chega ao oeste de Europa no período de verán-outono.
Subespecies Divídese en dúas subespecies:
T. s. cinnamomea, (Brewster, 1890): reprodúcese en Alasca e o oeste do Canadá. T. s. solitaria, (Wilson, 1813): reprodúcese desde o leste da Columbia Británica ao Labrador. miniatura|Comportamento de caza miniatura|Alimentándose nunha chaira de lama miniatura|Vídeo do comportamento de alimentación
Comportamento Como o seu nome indica, non é unha especie gregaria, e normalmente vese soa durante a migración, aínda que ás veces se congrega en pequeno número en áreas de alimentación axeitadas. O bilurico solitario é unha ave que prefire claramente a auga doce e adoita atoparse en sitios, como as canles, demasiado restrinxidos para outros limícolas, que normalmente gustan dunha visión sen obstáculos ao seu redor.
Reprodución
Pon de 3 a 5 ovos en niños nas árbores abandonados por aves canoras como os túrdidos. As crías son animadas a botarse desde o niño ao chan pouco despois da eclosión.Federation of Alberta Naturalists. (1992) Glen P. Semenchuk (ed.). The Atlas of Breeding Birds of Alberta. Edmonton, AB:Federation of Alberta Naturalists.
Alimentación O seu alimento son pequenos invertebrados: insectos (como larvas de mosquitos, pequenos quironómidos, saltóns, eirugas e escaravellos), pequenos crustáceos e moluscos (como caracois que extrae das súas cunchas), ás veces ras pequenas (principalmente cágados), que recolle camiñando pola lama que rodea a súa lagoa escollida.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Solitary sandpiper - Tringa solitaria - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter Solitary sandpiper species account - Cornell Lab of Ornithology
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1813