O tourón do mato (Turnix sylvaticus) é unha ave da pequena familia dos turnícidos, que son aves que lembran ao paspallás, co cal non están relacionadas.

Taxonomía O tourón do mato foi descrito formalmente e ilustrado en 1789 polo botánico francés René Louiche Desfontaines co nome binomial Tetrao sylvaticus. O epíteto específico sylvaticus significa en latín 'do bosque'. Agora está clasificado no xénero Turnix, creado en 1840 por Pierre Joseph Bonnaterre.

Recoñécense nove subespecies: T. s. sylvaticus (Desfontaines, 1789) – do sur da Península Ibérica e noroeste de África T. s. lepurana (Smith, A, 1836) – de África ao sur do Sáhara T. s. dussumier (Temminck, 1828) – desde o leste de Irán a Myanmar T. s. davidi Delacour & Jabouille, 1930 – do centro de Tailandia ao sur da China, norte de Indochina e Taiwán T. s. bartelsorum Neumann, 1929 – de Xava e Balí en Indonesia T. s. whiteheadi Ogilvie-Grant, 1897 – de Luzón, no norte ds Filipinas T. s. celestinoi McGregor, 1907 – de Bohol e Mindanao, no sur das Filipinas T. s. nigrorum duPont, 1976 – da illa de Negros, Filipinas †T. s. suluensis Mearns, 1905 – do arquipélago de Sulu, Filipinas.

Descrición O tourón do mato lembra un paspallás migrador. Ten as partes superiores con liñas de cor marrón area, partes inferiores beixes con marcas nos flancos negras e unha face lisa. En voo, a súa barra das ás abrancazada contrasta coa á gris. Os sexos son similares, pero os inmaturos teñen máis pintas pola parte inferior. Este pequeno tourón é moi difícil de ver. É unha pequena ave corredora marrón de 15 cm de longo, que prefire agocharse a botarse a voar.

Distribución e hábitat

Esta especie adoitaba ser residente no sur de España e África e desde a India á Asia tropical ata Indonesia, pero en España xa non. Habita en praderías cálidas ou matos arbustivos e aliméntase de insectos e sementes. Evita os bosques espesos e as rexións montañosas, e vive preferentemente en campos de millo e extensións de chairas herbosas, aínda que pode tamén atoparse en calquera tipo de mato arbustivo de herbas baixas.

Comportamento Permanece agochado en silencio e é difícil de espantar, e non se ergue ata case estar baixo o pé do observador. Cando escapa, voa baixo sobre o chan e axiña pousa outra vez, despois do cal é moi difícil volver atopalo. A femia fai unha chamada que é un profundo hum-hum-hum e o macho replica cun kek-kek-kek.

Alimentación miniatura|upright=0.8|Ovos de Turnix sylvaticus - MHNT

A femia inicia o cortexo e constrúe un niño no chan. O macho incuba unha posta de normalmente catro ovos agrisados con manchas, e atende as crías, as cales poden correr en canto fan eclosión. A estación de nidificación é de xuño a setembro. O niño é un escaso coxín de herbas situado nun oco natural no chan, onde adoita estar agochado entre as ramas dunha mata de herbas. En raros casos, dobran a herba formando unha especie de dosel.

Conservación Como está espallada por unha ampla área de distribución, o tourón do mato é avaliado como en situación "pouco preocupante" na Lista Vermella de especies Ameazadas da IUCN. Porén, a subespecie nomeada, que está distribuída pola rexión mediterránea, está actualmente en perigo crítico, xa que desapareceu na maior parte da súa área de distribución durante o século XX e actualmente só está presente en Marrocos despois de que en España se declarase oficialmente a súa extinción en 2018. Gutiérrez, C., Copete, J.L., Crochet, P.-A., Qninba, A. & Garrido, H. 2011. History, status and distribution of Andalusian Buttonquail in the WP.Dutch Birding 33: 75-93. MaghrebOrnitho, 2018. Andalusian Buttonquail legally declared extinct in Spain. MaghrebOrnitho, Publicado o 9 de novembro de 2018. Violani, C. G. & Massa, B. 1993. Extinction of the Andalusian Hemipode Turnix s. sylvatica (Desf.) in the Mediterranean region . Bull. Br. Ornithol. Cl. 113: 225-229. En 2021, a IUCN tamén declarou que o tourón común estaba extinguido en Europa. Isto fai que sexa a primeira especie de ave que se extingue en Europa desde a extinción do arao xigante en 1852.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Common buttonquail or Kurrichane buttonquail Species text in The Atlas of Southern African Birds

Categoría:Turnícidos Categoría:Animais descritos en 1789