The Wall é un videoxogo arcade de alta dificultade desenvolvido polo ourensán Álex González e producido por Erbe Software, lanzado en 1986. Está considerado o primeiro videoxogo galego.
Sinopse Un alieníxena, DIRXX, debe superar un total de 22 pantallas camiñando por un muro (de aí o título) rodeado do mar e evitando distintos inimigos entre os que hai varios elementos da cultura popular galega como o mexillón, e outros obstáculos como rodas ou shuriken. A banda sonora, deseñada tamén por Álex González, emprega como base a popular canción "Na beira do mar", aínda que acelerada para ser adaptada ao estándar MSX-AUDIO.
A atmosfera temática do videoxogo presentábase do seguinte xeito impresa na caixa do casete de Erbe Software:
Notas
Categoría:Videoxogos arcade