American Football é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Urbana, Illinois, e orixinalmente activa de 1997 a 2000. O grupo reformouse no ano 2014.
A banda foi fundada polo guitarrista, baixista e cantante Mike Kinsella (anteriormente en Cap'n Jazz e Joan of Arc e no presente en Owen), o guitarrista Steve Holmes (tamén en The Geese), e o batería e trompetista player Steve Lamos (antes en The One Up Downstairs, tamén foi membro de The Firebird Band e Edward Burch & the Staunch Characters, e no presente en The Geese de DMS). Lamos deixou o grupo en 2021 pero regresou en 2023.
A pesar da curta vida inicial da banda, o seu álbum de estrea, publicado en 1999, converteuse nun dos discos de emo e math rock máis aclamados da súa época. Tras reunirse en 2014, co curmán de Kinsella, Nate Kinsella, uníndose ao grupo, American Football publicou tres traballos máis, tamén autotitulados como o primeiro, en 2016, 2019 e 2026.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo American Football 1999 Polyvinyl American Football 2016 Polyvinyl American Football 2019 Polyvinyl American Football 2026 Polyvinyl
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Illinois Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 1997