Heitor é un nome propio masculino galego e portugués. A súa orixe é o grego Héktōr, que se interpreta como 'rexedor (do pobo)'. A acentuación moderna deste nome é aguda, segundo a adaptación que sufriu na Idade Media.
En xaneiro de 2023 existían 51 varóns en Galicia co nome Heitor, cunha media de idade de 22,4 anos.Heitor na Web do Intituto Galego de Estatística
Historia do nome A popularidade do nome débese ao personaxe da mitoloxía grega Heitor, fillo do rei Príamo, o máis valente e afouto dos guerreiros de Troia. Durante a Idade Media, o nome Heitor tivo algunha presenza en Galicia. Porén, coa chegada do século XVI, comezou a desaparecer debido á influencia das normas eclesiásticas. Un exemplo disto foi unha disposición do bispado de Ourense en 1544, que instaba aos cregos a evitar nomes considerados non cristiáns durante os bautismos, promovendo o uso exclusivo de nomes de santos e santas.
Heitor noutras linguas Alemán: Hektor Aragonés: HectorEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Héctor Catalán: Hèctor Castelán: Héctor Éuscaro: Hektor Francés: Hector Inglés: Hector Italiano: Ettore Portugués: Heitor Ruso: Gektor
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Heitor Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe grega Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos portugueses