Patrícia Hmírová, nada en Čadca (Eslovaquia) o 30 de novembro de 1993, é unha futbolista eslovaca que xoga como dianteira no Deportivo da Coruña da Primeira División española. Internacional coa selección de Eslovaquia dende 2012, é a máxima goleadora da historia da súa selección nacional, con 24 goles en 112 partidos.
Traxectoria Debutou na Primeira Liga de Eslovaquia coa camiseta do ŠKF Žilina e posteriormente xogou na Ekstraliga polaca, nas filas do 1. FC azs awf Katowice, o TS Mitech Żywiec e o Górnik Łęczna. Tras un breve paso polo FC Neunkirch suízo, regresou a Polonia en 2017 e xogou no Czarni Sosnowiec e de novo no Górnik Łęczna.
En xullo de 2021 puxo rumbo a Chipre, para fichar polo Apollon Limassol, no que militou un ano. No verán de 2022 recalou en España, onde asinou polo Sporting de Huelva, da Primeira división, club no que permaneceu dous anos.
En xullo de 2024 fichou polo Deportivo da Coruña, que viña de ascender á máxima categoría.
Selección nacional É internacional coa selección eslovaca, coa que disputou máis dun cento de partidos dende 2012.
Notas
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Eslovaquia Categoría:Futbolistas de Eslovaquia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino