Lucien Georges Bazor, nado en París o 18 de xaneiro de 1889 e finado en Châtenay-Malabry, Altos do Sena, o 15 de xullo de 1974, foi un escultor, medallista e deseñador de moedas francés, coñecido polos seus deseños de moedas francesas e de territorios de soberanía francesa, que deron lugar ao coñecido como "tipo Bazor".
Traxectoria
Primeiros anos e formación Lucien Bazor naceu o 18 de xaneiro de 1889 no distrito 3 de París,Acta de nacemento. Archives.paris.fr fillo de Eugénie Henriette Tellier (1869-1947) e do medallista e gravador en aceiro Louis Joseph Albert (nado en 1863),"Lucien Bazor". Geneanet.org"Lucien Georges Bazor (1889 - 1974)". Wikitree.com"Bazor, Lucien-Georges ". The Artl@s project (Acad-artlas.huma-num.fr). que se encargou persoalmente da formación do seu fillo durante os seus primeiros anos.Rodríguez, C. (2020). "Lucien Bazor". Acmecollections.com
Posteriormente, Lucien Bazor foi admitido en 1913 na Escola de Belas Artes de París, onde completou a súa formación con Henri Auguste Patey como profesor. Outros dos seus mestres foron Paul Auban, Jean Ernest Boutellier.
Durante a primeira guerra mundial foi chamado a filas e dos seus sete anos de vida militar cinco estivo a combater na fronte contra o exército alemán, onde resultou ferido.
Traxectoria artística Participou cos seus traballos artísticos no Salón dos Artistas Franceses en París a partir de 1909, e no Salón de Dijon en 1912 e en 1914.
En 1923, Bazor acadou o Gran Premio de Roma en gravado de medallas e pedra fina, coa obra L’Age de pierre. L’homme primitif guette la proie qui doit lui donner sa nourriture ("A Idade de Pedra. O home primitivo espreita a presa que o alimentará"), o que lle deu a oportunidade de residir en Roma, en Villa Medici, entre 1924 e 1927.
En 1928 foi merecedor da medalla de prata no Salón dos Artistas Francesas e no mesmo ano foi recoñecido no concurso para a creación das moedas que se emitirían no proceso de estabilización monetaria. Esta experiencia serviulle para ser nomeado, en 1931, sucesor do seu antigo profesor Henri Patey no cargo de gravador xeral de moedas de Francia, que ocupou ata 1958, cando se xubilou logo de 28 de servizo.
Entre os recoñecementos acadados por Bazor ao longo da súa traxectoria artística, salientan o Diploma de Honra da Exposición Internacional de 1937 e a concesión do título de Cabaleiro da Lexión de Honra en 1936, e de oficial en 1952.
Vida persoal Lucien Bazor casou con Anne Barbe en novembro de 1923.
Bazor finou en Châtenay-Malabry, Altos do Sena, o 15 de xullo de 1974, e foi soterrado no antigo cemiterio de Châtenay-Malabry.
Obra
Medallas Bazor foi autor dunha boa cantidade de moedas, maioritariamente cuñadas na Casa da Moeda de París. Entre elas destaca a deseñada para a Sociedade Francesa de Numismática, en cuxo anverso se representa unha personificación alegórica feminina da numismática (1932), que esta institución outorga como premio na concesión do Jetón de Vermeil."Jeton de vermeil de la SFN". Société française de numismatique (Sfnumismatique.org).
Outras das súas medallas están dedicadas a personaxes célebres, como Marc Sangnier, Henri Auguste Patey, Richard Wagner ou Simón Bolívar,"Simon Bolivar". Numista.com ou a acontecementos e institucións diversas, como as dedicadas á Banque de l’Union Parisienne,"Medal - Banque de l’Union parisienne". Numista.com á Exposición Colonial Internacional (1931),"Medal - International Colonial Exhibition - Palestine". Numista.com"Commemorative Medal Colonial Exhibition Paris 1931". Numista.com Compañía de Navegación Sur-Atlántica (1931),"Lucien Bazor (1889-1974. Lot: 254". Deburaux du Plessis (Deburauxduplessis.fr). a Liberación de Francia (1944),"Medal - Libération FFI". Numista.com á Asemblea Nacional de Francia (1951) ou ao Crédito Comercial de Francia (1951).
Cabe citar, igualmente, os seus deseños para insignias e condecoracións, entre as que destaca a súa serie de medallas aos corpos de bombeiros."Médaille d'honneur des sapeurs-pompiers". Numista.com
Moedas francesas Lucien Bazor foi o autor dunha gran cantidade de tipos monetarios durante a súa etapa como gravador xeral de moedas, todos eles cuñados na Monnaie de Paris. Nas moedas creadas por el adoitaba engadir a súa marca de gravador, que adquiría distintas formas, as máis frecuentes: L.Bazor, G.B.Bazor e G.B.L.Bazor."Lucien Georges Bazor". Numista.com
Entre as moedas francesas máis senlleiras das deseñadas e gravadas por el cómpre salientar a moeda de ouro de 100 francos cuñada entre 1929 e 1936 e,"100 Francs". Numista.com"La 100 Francs Bazor, la pièce d’or rare des années 30". L'or et l'argent (Loretlargent.info). sinaladamente, a peza de 5 francos de níquel 1933, que deu lugar á denominación de "tipo Bazor"."5 Francs - Third Républic Bazor". Numista.com
Uns anos despois, Bazor deseñou e gravou toda a serie de moedas de aluminio emitidas durante o Réxime de Vichy, desde os 50 centésimos aos 2 francos (1942-1944), así como a de 5 francos de níquel co busto de Philippe Pétain, que non chegou a circular, emitida en 1941.
Moedas doutros territorios
A Bazor débenselle tamén numerosas moedas creadas para outros países, como Arxentina ou o Uruguai, e sinaladamente para un bo número de territorios ou ben de soberanía francesa ou ben con diversos graos de vinculación política e institucional con Francia (colonias, protectorados etc.), así como territorios que tiñan como unidade monetaria o franco CFA ou o franco CFP: Afars e Issas, África Ecuatorial Francesa, África Occidental Francesa, Camboxa, Camerún, Chad, República Centroafricana, illas Comores, Congo, Djibouti, Gabón, Guinea Ecuatorial, Laos, Líbano, Madagascar, Marrocos, Nova Caledonia, Polinesia francesa, Reunión, Saint Pierre et Miquelon, Siria, Somalia francesa, Togo, Tunisia e Vietnam.
Todas estas moedas foron cuñadas pola Casa da Moeda de París e algúns dos seus deseños seguiron utilizándose ata ben entrada a década de 1970. O seu deseño do antílope segue a ser utilizando no primeiro terzo do século XXI nas moedas de 5 francos de África Occidental.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Darnis, J. M. (1967). "Bazor". Club français de la médaille. Nº 14. Belaubre, J. (1975). "Bazor". Club français de la médaille. Nº 46.
Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris
Ligazóns externas
"Bazor, Lucien Georges". Archives Nationales (Leonore.archives-nationales.culture.gouv.fr).
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Escultores de Francia Categoría:Medallas Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Alumnos da École des Beaux-Arts