Primo, nos inicios Primobanksy ou Primo Banksy, é o pseudónimo dun grafiteiro galego nado en Lugo.

Traxectoria Os seus traballos xeraron repercusión en Lugo e colleron sona, algúns consérvanse e outros desapareceron. Os seus graffitis caracterízanse pola carga simbólica que posúen e a ironía.

As súas obras apareceron nas paredes de moitas vilas galegas, como Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Ourense, Padrón e tamén fóra de Galicia, como en Madrid, Xixón, Salamanca, Valencia, incluso en cidades doutros países como Roma.

O concello de Lugo acordou protexer a súa obra Esta door non se cura con resiñación no ano 2023, dedicada a Lorca e realizada no muro do vello cárcere, que foi centro de reclusión tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, pola súa carga simbólica.

A Biblioteca Pública Municipal de Ponferrada escolleu a Primobanksy para facer unha exposición, poñendo en valor a súa obra e reflexións sociais e morais, destacando as alusións literarias que posúen algúns dos seus graffitis.

Galería de imaxes

Notas

Referencias

Véxase tamén

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Grafiteiros