O astigmatismo (do grego ἀ-, 'sen', e στιγμή, 'punto'), en oftalmoloxía, é unha ametropia que xeralmente provén dun problema na curvatura da córnea, o que impide o enfoque claro dos obxectos que se atopan próximos ou afastados.
A córnea, que é redonda, sofre un achatamento nos seus polos, o cal produce distintos radios de curvatura no eixe do ollo, polo tanto cando a luz chega ao ollo, especificamente na córnea, a imaxe que se obtén é pouco nítida e distorsionada. No astigmatismo, a magnitude do erro de enfoque é diferente segundo o eixe do meridiano de fixación, isto fai que os obxectos se vexan distorsionados.
Categoría:Doenzas
sk:Astigmatizmus (optika)