O Malax IF Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da vila de Malax, Finlandia. O equipo comezou as súas operacións en 2024 grazas á colaboración entre o Malax IF e o KuRy de Kurikka.

Historia Na primavera de 2024 os equipos do Malax IF, xunto co KuRy e as xogadoras júnior do Vaasan Sport comezaron a traballar xuntos para devolver o hóckey sobre xeo feminino á rexión de Ostrobotnia, que levaba dende o final da tempada 2021-22 sen ningún equipo feminino en competición logo de que o Sport descendera da Naisten Liiga e non conseguira xogadoras para continuar as súas operacións. A intención inicial era que o equipo comezara a competir na tempada 2024-25 no terceiro e último nivel do hóckey sobre xeo feminino finlandés, a Naisten Suomi-sarja, e afianzar o proxecto.

Inicialmente a base do equipo foron xogadoras do Vaasan Sport, mais tamén había xogadoras de Malax, Kurikka, Närpes, e posteriormente tamén de Kokkola. A decisión de establecer a base do equipo en Malax debeuse á súa proximidade con Vaasa e Kurikka, mais tamén por motivos económicos, xa que en Malax o equipo podería dispoñer de tempo suficiente de xeo a un custo máis reducido.

O domingo 19 de maio de 2024 acordouse definitivamente a creación do equipo, que xa contaba con 16 xogadoras nese momento, logo de que a televisión pública finlandesa se fixera eco da posible formación do equipo, provocando a chamada de novas xogadoras interesadas no proxecto. Deste xeito asegurouse a entrada do equipo en competición no outono de 2024 partindo dende Naisten Suomi-sarja.

No inicio da tempada o Malax IF Naiset contaba con 28 xogadoras, a maior parte delas xogaban tamén noutros equipos a pesar de ser convocadas polo equipo de Malax. Segundo o adestrador do equipo, Matti Kuusela, tan só 10 mulleres eran xogadoras do equipo. O Malax IF- debutou na Naisten Suomi-sarja cun empate fronte o S-Kiekko (3-3) en Seinäjoki, mentres que o seu primeiro partido como local saldouse cunha derrota fronte o JyKi (2-4).

Adestradores O primeiro adestrador do equipo foi Matti Kuusela.

Adestradores de Malax IF Nome(s) Período Matti Kuusela 2024-

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Malax IF

Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia