Antonio Valverde Mayo, nado no Porriño o 9 de outubro de 1912 e finado na mesma vila o 17 de marzo de 2001, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria Iniciou os estudos de Maxisterio en 1928,El Pueblo Gallego, 19-9-1928, p. 13. que rematou en 1933.Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito, outubro 1933, p. 18. Aprobou os cursiños de selección en 1933 e foi nomeado mestre interino de Zamáns en febreiro de 1934.El Pueblo Gallego, 17-2-1934, p. 12. Nomeado mestre de Sanguiñeda (Mos) en novembro de 1934.El Pueblo Gallego, 27-11-1934, p. 13. Rematou o quinto ano do bacharelato universitario en 1935.El Pueblo Gallego, 28-6-1935, p. 10. Colaborou no Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito e El Pueblo Gallego. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido. O seu irmán Víctor Valverde Mayo foi asasinado o 8 de agosto. Depurado, foi sancionado con traslado forzoso dentro da provincia.El Noticiero Gallego, 11-5-1940, p. 2. Trasladárono a Novás (O Rosal) en novembro de 1940.El Pueblo Gallego, 6-11-1940, p. 5. Revisado o seu expediente, resultou sancionado unicamente con inhabilitación,El Noticiero Gallego, 4-2-1942, p. 3. e reintegróuse á escola de Sanguiñeda. Colaborou en El Noticiero Gallego. Foi o primeiro presidente do Círculo Recreativo Cultural do Porriño.El Pueblo Gallego, 11-7-1956, p. 10. Deixou o maxisterio para administrar e dirixir as Serrerías Pampillón. Volveu á ensinanza e foi director do Colexio de Torneiro onde se xubilou en 1982.La Voz de Galicia, Pontevedra, 18-12-1982, p. 37. Finou no Porriño o 17 de marzo de 2001.Faro de Vigo, 23-3-2002, p. 74.

Vida persoal

Casou con Claudina Pampillón Rodríguez e foi pai de Ana María, Antonio, María Elena e Ángel Valverde Pampillón.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2001