A tempada 1907/08 foi a segunda tempada de existencia do Deportivo da Sala Calvet.
Resumo da tempada En xaneiro de 1908 deu comezo un torneo organizado polo María Pita a modo de cuadrangular, no que participou ese club xunto ao Coruña e dous equipos do Deportivo, sendo esta a primeira competición local de fútbol na historia da Coruña. No seu primeiro partido, o Deportivo conseguiu a vitoria sobre o organizador por 0-4. A continuación viaxou a Vigo para xogar por primeira vez fóra da Coruña, e alí sufriu ante o Fortuna de Vigo unha ampla derrota por 12-0 que segue sendo hoxe en día a segunda peor goleada da historia do club.
Xa en febreiro, o Deportivo sufriu a primeira derrota da súa historia ante o seu máximo rival, o Coruña, por 4-1, e finalmente acabou na segunda posición o torneo local coruñés. En marzo foi elixida unha nova xunta directiva, presidida por Laureano Martínez Brañas, futuro alcalde coruñés e pai dos xogadores do equipo Francisco e Carpio Martínez. Tras varios meses sen xogar, o equipo volveu á acción en maio, baténdose ante a tripulación do barco inglés Albion, que naufragara ao golpear cos baixos do Carromeiro Chico de Corcubión. O Deportivo conseguiu a vitoria, pero sufriu a baixa do seu gardameta, Salvador Fojón, que estivo a piques de perder un ollo neste encontro, incidente que practicamente o retirou da práctica do fútbol.
En xullo disputouse a previa da segunda edición do Campionato de Galicia e Asturias, desta vez con cinco equipos da cidade: Coruña, Deportivo, María Pita, The Widovers e Alltheweek. O Deportivo debía enfrontarse no seu primeiro partido ao María Pita, pero foille concedida a vitoria por incomparecencia do rival, nunha decisión que causou polémica. O 19 de xullo o Deportivo asoballou ao Alltheweek por 11-0, nunha das maiores goleadas da historia do club. No partido decisivo, o deportivo goleou ao outro favorito, o Coruña, por 5-1, ante unha gran concorrencia de público no Corralón da Gaiteira, facéndose coa praza para a fase final do torneo, na que participaron tamén o Fortuna de Vigo e o Pontevedra Sporting.
O 13 de agosto o Deportivo xogou no Corralón contra o Fortuna, que defendía título, formando os coruñeses con Argudín; Ancos, Long; Francisco Martínez, White, Llano; Boville, Félix de Paz, Virgilio, Manuel Álvarez e José Rodríguez. O centrocampista inglés Alex H. White converteuse neste encontro no primeiro xogador estranxeiro na historia do club. O Deportivo perdeu os seus dous partidos do triangular, resultando vencedor de novo o Fortuna.
Persoal
Xogadores +PosNacNomePORSalvador FojónPORGerardo MartínezPORArgudínDEFLongDEFAncosDEFCarpio MartínezDEFRamón AguilarMEDÁngel RodríguezMEDFrancisco MartínezMEDGonzalo VillanuevaMEDJosé de LlanoMEDWhiteMEDRoberto DíazDIAFélix de PazDIAVirgilioDIABovilleDIAManuel ÁlvarezDIAPedro UriosteDIAJosé RodríguezDIAManuel Collado
Xunta directiva Ata o 28 de marzo +CargoNomePresidente Luis CornideVicepresidente Rogelio Fernández CondeTesoureiro Emilio AlbaContador José LongueiraSecretario Gonzalo Villanueva Dende o 28 de marzo +CargoNomePresidente Laureano MartínezVicepresidente Rogelio Fernández CondeTesoureiro Gonzalo VillanuevaContador José González MarchSecretario Ramón Moscoso
Partidos
Amigables Concurso María Pita
Campionato de Galicia e Asturias
Outros amigables
Notas
Véxase tamén Bibliografía
1908 Categoría:Fútbol en 1907 Categoría:Fútbol en 1908