A ganga das estepas (Syrrhaptes paradoxus) é unha ave asiática de tamaño medio a grande da familia dos pteróclidos.

Nome miniatura|esquerda Marco Polo menciona unha ave chamada Bargherlac (do turcomano bağırlak) en As viaxes de Marco Polo, publicado contra o ano 1300. Trátase probablemente de Syrrhaptes paradoxus (S. pallasii).

Foi estudada polo zoólogo alemán Peter Simon Pallas, razón pola que nalgúns idiomas recibe o nome de ganga de Pallas. O seu hábitat estepario explica o nome galego ganga das estepas. O nome científico procede do grego antigo. O nome do xénero Syrrhaptes vén de surrhaptos, que significa 'cosidos' (as plumas dos pés de ambas as especies do xénero están fusionadas) e o nome específico paradoxus vén de paradoxos, 'estraño'.

Descrición miniatura|esquerda A ganga das estepas ten de 30 a 41 cm de longo e unha cabeza e pescozo pequenos similares aos dunha pomba, pero un corpo robusto e compacto. Ten ás e cola longas bicudas e patas e dedas emplumadas. A súa plumaxe é de cor beixe, raiada pola parte superior cunha mancha ventral negra e as partes inferiores das ás claras. O ventre negro e a parte inferior das ás clara distinguen esta especie da outra especie emparentada do Tíbet Syrrhaptes tibetanus. O macho da ganga das estepas distínguese pola súa cabeza e peito grises, face alaranxada e banda pectoral gris. A femia ten unha plumaxe máis apagada e carece da banda pectoral, aínda que está máis raiada na parte superior.

Os seus pequenos pés non teñen a deda traseira, e as tres dedas frontais están fusionadas. A superficie superior dos pés está emplumada, e a parte inferior ten unha almofadiña carnosa. A aparencia do pé é máis como unhas garras de mamífero que como un pé de ave.

Distribución e hábitat miniatura|Ovo de Syrrhaptes paradoxus Esta especie reprodúcese en latitudes medias de Asia central en estepas secas e hábitats similares. O seu niño é unha escavación no chan, onde pon de 2 a 3 ovos verdosos con manchas crípticas.

É unha ave parcialmente migratoria, especialmente desde as partes do norte da súa área en Kazakhstán e Mongolia, pero a amplitude e distancia dos seus desprazamentos cara ao sur en inverno dependen da cantidade de neve caída.

Algunhas veces sae desde a súa área habitual de reprodución e invernada como ave vagante e chega a Europa acadando puntos tan ao oeste como Gran Bretaña, onde se ten reproducido, e Irlanda. Está incluída na lista das aves ibéricas. As razóns destes salientables desprazamentos son se comprenden completamente, mais foron facéndose cada vez menos frecuentes, probablemente debido á contracción da área de distribución siberiana occidental a medida que as estepas se foron utilizando máis para a agricultura.

Dieta Debido á súa dieta principalmente seca de sementes, esta ganga necesita beber unha gran cantidade de auga. A morfoloxía da á desta ganga facilita un voo rápido acadando velocidades de ata 64 km/h. Grandes bandadas de varios miles de individuos voan ás pozas de auga ao amencer e solpor facendo viaxes de ida e volta de ata 121 km ao día. O macho proxenitor remolla as súas plumas do peito par enchoupalas de auga cando vai beber, transportando así esta auga nas plumas para que beban os polos cando regresa ao niño.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Nove fotografías (ver menú despregable ao final da páxina en The Oriental Bird Club

Categoría:Pterocliformes Categoría:Animais descritos en 1773