Emilly Micaela Marcondes, nada en Paranaguá o 6 de setembro de 1994, é unha xogadora brasileira de fútbol sala, que milita no Burela, da Primeira División de España.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol aos cinco anos nas rúas, cos rapaces. Con 14 anos fichou polo club de Telêmaco Borba, onde estivo cinco anos, e logo pasou polo Estrela de Guarulhos, de São Paulo, o UNIFOR, en Ceará, e o São José, tamén en São Paulo. En agosto de 2020 deu o salto ao fútbol sala europeo, fichando polo Torreblanca, de Melilla.
En 2021 recalou en Galicia, incorporándose ás filas do Burela. Co club da Mariña lucense conseguiu dous títulos de liga, dúas Copas da Raíña, tres Supercopa de España e unha Copa de Galicia. Xogou un papel fundamental nesas conquistas e foi elixida dúas veces mellor xogadora da liga.
En 2023 formou parte da selección brasileira que se coroou como campioa da Copa América, sendo a segunda máxima goleadora do torneo.
Palmarés Burela Primeira División (2): 2022/23, 2023/24. Copa da Raíña (2): 2022, 2023. Supercopa de España (3): 2022, 2023, 2024. Copa Galicia (1): 2023.
Selección brasileira Copa América (1): 2023.
Notas
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no estado do Paraná Categoría:Xogadores de fútbol sala