Salvador Castro Otero, nado na Ramorta, Bueu, en 1965, é un docente xubilado e escritor galego.

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago (Colexio Universitario de Vigo e Santiago) e exerceu de profesor de ensino secundario no IES Rodeira de Cangas de Morrazo. Fixo os cursos de doutoramento na UNED e a súa tese titulouse Manuel Rivas e o cine, dirixida por Carmen Becerra na Universidade de Vigo.

Ten colaborado en Tropelías: Revista de teoría de la literatura y literatura comparada; A lingua do corvo (Asc. C.D. de Meiro); Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego; Cadernos  de Fraseoloxía Galega; La Tabla Redonda. Anuario de Estudios Torrentinos; Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca. Anuario de Filología catalana, gallega y vasca; Revista MADRYGAL. Revista de estudios gallegos; Río (Goián) Tamén participou en participación en La barcarrota.

Promoveu con José Gestido o Club Xadrez de Bueu (1987), participou en múltiples actividades culturais no Morrazo e na realización de vídeos relativos á contorna.

Obras

O lapis da luz: reescrituras de Manuel Rivas no cine (2018). A Coruña: Vía Láctea. ISBN 978-84-89444-56-0.

LIbros colectivos

Mares e terras do Morrazo (2009). Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo. ISBN 978-84-613-3717-0. Coordinador e autor. Unha maré de palabras; contribución ao léxico do Morrazo (2009). Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-4036-0. Coordinador e autor. Urbi et orbi; dende o galego para o mundo (2011). Pontevedra: Idea Gráfica Profesional. ISBN 978-84-615-0297-4. En galego e multilingüe. Coordinador e autor. O Morrazo con todos os sentidos guía dos recursos naturais e patrimoniais : Marín, Bueu, Cangas, Moaña (2011) Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo. ISBN 978-84-615-0185-4. Coordinador e autor. O Morrazo con todos los sentidos; guía de los recursos naturales y patrimoniales: Marín, Bueu, Cangas, Moaña (2011). Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo. ISBN 978-84-615-0169-4. Coordinador e autor. O Morrazo, da man da natureza -da man da humanidade-: Marín, Bueu, Cangas e Moaña (2012). Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo. DL: PO 386-2012. Coordinador e autor. O Morrazo, de la mano de la naturaleza -de la mano de la humanidad-: Marín, Bueu, Cangas y Moaña (2012). Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo. DL: PO 387-2012. Coordinador e autor. Travesía por tres momentos da historia de Bueu (2017). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-464-4. Coordinador.

Vídeo

Un mar de cercanías, de Josebe Arrillaga Chopitea (1999). Instituto María Soliño, Cangas de Morrazo (guión e escenas). Soliloquio del farero, de José Camello Manzano (2003). Libre Producciones, Cáceres (producción). Reflexión sobre a tradución. Entrevista con Xosé Luís Méndez Ferrín (2010). IES María Soliño, Cangas de Morrazo. La escuela de los grillos (2011). IES de Rodeira, Cangas de Morrazo. Unha invitación ao deleite (2012). IES de Rodeira, Cangas de Morrazo. Engranaje, de José Pedro Camello Manzano (2024). Guionista e montador.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Blog Un mar de cercanías de Salvador Castro

Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1965 Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela