Manuela Lema Villar, tamén chamada Manuela de Benita, nada en Mens (Mens, Malpica de Bergantiños) en 1913 e finada no mesmo lugar o 27 de decembro de 1993, foi unha cantareira galega.
Traxectoria Traballou como labrega. Xunto con Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García Prieto, Teresa Lema Varela e Adela Rey Torrado formou parte das Pandeireteiras de Mens. Tras coñecer a Manuel Cajaraville Pensado en 1972, acompañaron a Agrupación Folclórica Aturuxo por países europeos e americanos. Finou en Mens o 27 de decembro de 1993.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-12-1993, p. 59.
Foi escollida, xunto con Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García, Adolfina Casás, Rosa Casás e Eva Castiñeira, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada no Día das Letras Galegas 2025.As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025 Vida persoal
Casou con Marcelino González Lema e foi nai de Genaro e Ramiro González Lema.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cancioneiro Popular Galego Pandeireteiras de Mens
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Día das Letras Galegas Categoría:Cantareiras galegas