O Karolinska Institutet (en inglés Karolinska Institute, en galego Instituto Karolinska, e antes de 1968, o Royal Caroline Institute), é unha das universidades médicas máis grandes de Europa, situado en Solna e Flemingsberg/Huddinge, Suecia.
Historia
Orixe e cambios de situación e de nome O Instituto Karolinska comezou en 1810 na illa Kungsholmen, no lado oeste de Estocolmo, fundado despois da Guerra de Finlandia, como centro de adestramento para cirurxiáns do exército.
Máis tarde trasladouse ao concello de Solna, nas aforas de Estocolmo, e construíuse un segundo campus en Flemingsberg/Huddinge, ao sur de Estocolmo. En 1817 engadiuse o nome "Karolinska" como referencia a Karoliner ou Caroleans ("Carolinos") que era o nome dos soldados baixo o rei Carlos XII de Suecia. O nome completo converteuse en "Kongl. Carolinska Medico Chirurgiska Institutet". En 1968 ese nome cambiouse a "Karolinska Institutet".
Formación e investigación médica O Hospital Universitario Karolinska, en Solna e Huddinge, é o hospital de investigación e docencia da universidade. É un dos maiores centros de formación e investigación de Suecia, co 30% da formación médica e o 40% da investigación académica médica. Aínda que a maioría dos programas médicos impártense en sueco, a maioría dos programas de doutoramento impártense en inglés.
O instituto é membro da Liga de Universidades Europeas de Investigación. Na clasificación académica de Universidades Mundiais de 2009, o instituto é a mellor universidade de medicina e farmacia de Europa, a 8ª no mundo. Está catalogada como a mellor universidade de Suecia.
Premios Nobel Un comité do instituto decide sobre os gañadores do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina Universidade de Uppsala Universidade de Gotemburgo
Ligazóns externas
Instituto Karolinska - Sitio oficial, en inglés KI Community Arquivado
Categoría:Premio Nobel Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Universidades de Suecia Categoría:Universidades de Europa