Victoriano Sánchez Latas, nado en Guntín o 19 de novembro de 1852 e finado en Lugo o 15 de marzo de 1927, foi un avogado, político e propietario agrario galego.

Traxectoria Fixo o bacharelato no Instituto de Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1874). Exerceu como avogado en Mondoñedo e Lugo. Obtivo praza de rexistrador da propiedade e exerceu en Becerreá (1880), Mondoñedo (1885), Lugo (1887),Gaceta de Madrid, 6-8-1887, p. 371. Andalucía, Burgos, Cataluña e Madrid, onde se xubilou. Comisario Rexio de Fomento de Lugo, foi presidente da Federación Católico Agraria Diocesana e presidente do consello de administración da Editorial Católica Lucense, editora de La Voz de la Verdad. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado deputado provincial da Deputación de Lugo, elixido vicepresidente e nomeado presidente o 1 de abril de 1925.La Voz de la Verdad, 2-4-1925, p. 1. Foi xefe provincial da Unión Patriótica. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou de súpeto en Lugo o 15 de marzo de 1927.Necrolóxica en La Voz de la Verdad, 16-3-1927, p. 1, 2.

Vida persoal Casou en Ferreira de Pallares con Petra Arrieta Fernández en 1890,El Eco de Galicia, 7-7-1890, p. 3. e foi pai de Luís, María Teresa e María de las Mercedes Sánchez Arrieta.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas La casa de Bacurín

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación de Lugo Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en Guntín Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1927