Mikalaj (en ),Tamén Mikalay Matsukevich, Mikalay Maciukevich. nado como Michal Macukievič (en ) o 21 de maio de 1917 no distrito de Novouzensk (gobernación de Samara, Imperio Ruso) e finado o 20 de xuño de 2002 en Toronto (Canadá), foi un bispo ortodoxo belaruso. Traxectoria Naceu o 21 de maio de 2017 nunha familia ortodoxa, fillo de Kandrat e de Domna (de apelido de solteira Dziamkovič), refuxiados belarusos que deixaran a súa aldea natal de Motaĺ durante a primeira guerra mundial.. O autor data erroneamente o seu ano de pasamento no 2003 (no canto de 2002. En 1921, logo do pasamento da súa nai e da súa irmá, volveu xunto co seu pai e dous irmáns a Motaĺ. En 1932 rematou a educación primaria, e posteriormente estudou nunha escola agrícola.
Posteriormente serviu no Exército Polaco en Brest, loitando e sendo ferido en 1939 durante a invasión de Polonia. Volveu a casa en novembro de 1939, vivindo en Brest e posteriormente en Pinsk. Durante a segunda guerra mundial traballou na súa granxa, até que en abril de 1944 foi deportado polos alemáns a Alemaña; alí estivo cavando trincheiras até febreiro de 1945 entre Coblenza e Bonn, cando foi liberado por tropas americanas.
Dende o 17 de marzo de 1945 viviu no Reino Unido, traballando nunha granxa preto de Glasgow. Durante este tempo mantivo relacións cos emigrantes belarusos en Alemaña, e en 1946 cando visitaba a uns familiares, coñeceu a Mikola Šyla. Participou no primeiro congreso da Asociación de Belarusos en Gran Bretaña en 1947. A partir de 1949 residiu en Londres, onde traballou como administrador da Casa Belarusa durante dous anos.
En agosto de 1951 trasladouse ao Canadá. Alí estudou na facultade teolóxica do St. Andrew's College en Winnipeg, e o 6 de maio de 1952 foi ordenado sacerdote polo metropolita Ilarion Ohienko da Igrexa greco-ortodoxa ucraína do Canadá. Dende agosto de 1954 viviu en Toronto, onde organizou a parroquia de san Cirilo de Turaŭ; tamén exerceu a súa labor en Sudbury, Ottawa e Montreal. A mediados da década de 1960 trasladouse unha vez ao mes a Detroit para atender á comunidade belarusa da cidade, sendo un dos creadores da parroquia do Espírito Santo neste lugar.
O 2 de outubro de 1966 foi tonsurado monxe na catedral de San Cirilo de Turaŭ en Nova York, e ao día seguinte foi elevado ao rango de arquimandrita polo arcebispo Serhii Okhotenko da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa. O 10 de marzo de 1968, en Adelaida (Australia), foi consagrado bispo co título de Turaŭ-Pinsk e Toronto polo mesmo Serhii Okhotenko, e tivo como co-consagradores ao bispo de Vilnius e Nova York Vasiĺ Tamaščyk da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa, ao bispo de Melbourne Donat Burtan da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína na diáspora, e ao bispo de Australia e Nova Zelandia Dimitrije Balać da Igrexa ortodoxa serbia libre. A obra cita erroneamente o seu ano de consagración episcopal (1948 no canto de 1968) e o seu ano de pasamento (2007 no canto de 2002). Porén, en edicións previas si databa correctamente a súa ordenación como bispo. No concilio dos bispos da Igrexa do 13 de xullo de 1973 decidiuse a creación da diocese de Europa e o Canadá, encargando o seu goberno ao arcebispo Mikalaj.
Foi protagonista da división que xurdiu na Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa dende comezos da década de 1980: transferiu varias parroquias da xurisdición de Andrej Kryt á súa propia, e finalmente foi excomungado o 7 de agosto de 1982 polo concilio episcopal da Igrexa, formado por Andrej Kryt e Iziaslaŭ Brucki. Porén, logo do pasamento do primeiro, foi elixido metropolita no concilio celebrado en Cleveland o 26 e 27 de maio de 1983; ante isto, Iziaslaŭ Brucki convocou un concilio extraordinario en Manchester (Reino Unido), no que saíu elixido metropolita el mesmo. Dende entón, a Igrexa pasou a funcionar na práctica como dúas xurisdicións separadas, estando Mikalaj Macukievič ao cargo de 5 parroquias nos Estados Unidos de América, 1 no Canadá, e 1 en Australia.
En 1993 visitou Belarús, onde se reuniu co metropolita Filaret Vakhromeev da Igrexa ortodoxa rusa. O metropolita permitiulle a celebración relixiosa na catedral dos Apóstolos Pedro e Paulo en Minsk e deulle crisma para celebrar bautizos; malia non recoñecer á Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa, o metropolita Filaret si recoñeceu a dignidade episcopal de Mikalaj. En 1999 acolleu a Aliaksandr Sahalub na súa xurisdición, e segundo algunhas fontes lle tería ordenado bispo; porén, pouco tempo despois excomungouno e expulsouno da Igrexa.
Amais do seu traballo como relixioso, foi coñecido tamén polo seu papel como tradutor ao belaruso da Biblia e de varios textos litúrxicos, e pola súa participación en diferentes organizacións da diáspora belarusa, presidindo o fondo de axuda ás vítimas belarusas do accidente de Chernóbil.
Finou o 20 de xuño de 2002 en Toronto. O seu funeral foi celebrado polo arcebispo da Igrexa ortodoxa ucraína - Patriarcado de Kíiv Oleksandr Bykovets, asistido entre outros polo futuro bispo Viačaslaŭ Lohin. Está enterrado no cemiterio belaruso de East Brunswick, en Nova Jersey. Logo do seu pasamento, celebrouse un concilio de unificación entre as dúas faccións, uníndose baixo o episcopado de Iziaslaŭ Brucki.
Notas
Categoría:Nados en 1917 Categoría:Nados en Rusia Categoría:Finados en 2002 Categoría:Bispos ortodoxos do Canadá Categoría:Bispos ortodoxos do século XX Categoría:Bispos ortodoxos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa Categoría:Tradutores ao belaruso