O Hockey Club Liceo da Coruña, é un club profesional de hóckey a patíns da cidade da Coruña. Foi fundado en 1972 por catro persoas entre as que salienta a figura de Augusto César Lendoiro e na tempada 1979-80 debutou na máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego e historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 44 títulos (22 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais). Destacan entre os seus títulos oito ligas, once Copas do Rei e seis Copas de Europa.
As cores do equipo son a verde e a branca. Xoga os seus partidos como local no Pazo dos Deportes de Riazor e o seu presidente é Daniel Echevarría.
En 2010 o club recibiu a Insignia de Ouro da Real Federación Española de Patinaxe en recoñecemento da súa traxectoria e o labor de promoción do hóckey a patíns.
Historia
Os inicios A orixe do club sitúase na Coruña no ano 1972, pouco despois da desaparición do popular María Pita H.C., afogado por diferentes motivos. O xogador do María Pita Javier Chaver, que tamén xogaba ao fútbol no Ural, propúxolle entón ao presidente e fundador do Ural, Augusto César Lendoiro, a creación dunha sección de hóckey a patíns no propio club. Aínda que a idea foi desbotada, ambos decidiron presentar a mesma proposta a Antonio Pintor e Carlos Pérez Roca, propietarios do colexio coruñés Liceo La Paz, no que Lendoiro traballaba como xerente. Naceu así no seo do colexio o Club Deportivo Liceo La Paz, sendo elixido como primeiro presidente Felipe Marcos Nieto.
O equipo debutou en xuño de 1972 nun partido amigable nas festas do colexio, ás ordes do adestrador Chicho Faraldo, que dirixía un cadro de xogadores formado por Javier Chaver, Luis Togores, Sánchez, Juan Carlos Rodríguez Cebrián, Quique Torres, Pepe Amado, Martinez-Barbeito, Lago I e Lago II. O primeiro partido oficial disputouno en xaneiro de 1973 ante o Traviesas de Vigo e rematou cun empate 6-6, sendo os goles liceístas obra de Rodríguez Cebrián e Chaver.
Na súa primeira tempada, a 1972-73, o Liceo conseguiu facerse co campionato galego de Segunda División, o cal lle permitiu acceder á máxima categoría do hóckey a patíns galego. Na seguinte campaña (1973-74), conseguiu (lucindo xa as cores verde e branca actuais no seu uniforme) un novo ascenso, desta vez á división de prata española. Na segunda categoría do hóckey a patíns español militou o daquela denominado Hockey Club Liceo Banco Simeón dende a tempada 1974-75 ata a tempada 1978-79, na cal o club verdibranco conseguiu un subcampionato de liga e polo tanto o ascenso á máxima categoría, a División de Honra (hoxe chamada OK Liga). O ascenso culminouse o 17 de marzo de 1979 tras derrotar por 9-5 ao Deportivo da Coruña en Riazor. O Liceo formou naquel partido con Pipo Romeu, Javier Chaver, Juan Carlos, José Manuel Campos, Carlos Gil, Carlos Llonch, Pepe Amado e Varela como porteiro suplente.
No seu debut na en Primeira División, o daquela Liceo La Paz finalizou na 10º posición dun total de 12 equipos, conseguindo a permanencia sen ter que disputar a promoción, xa que non houbo descensos automáticos. Na segunda tempada do club coruñés na segunda categoría finalizou na 10ª posición, conseguindo a permanencia sen ter que disputar a promoción, logo da ampliación a 14 equipos, dos cales os dous últimos descenderon de xeito directo, e os 11º e 12º disputaron a promoción.
Na tempada 1976-77, con Schweppes como patrocinador, o Liceo finalizou na 11ª posición, tendo que disputar a promoción fronte ao conxunto canario de La Salle, conseguindo a permanencia logo de gañar na ida 15-3 na casa e perder na volta por 6-3.
Ascenso á elite Logo do ascenso á máxima categoría en 1979, o club experimentou unha profunda reestruturación, Chicho Rivero foi sucedido no banco do club coruñés por Campos logo de seis tempadas ao mando do equipo verdibranco; foron varios tamén os xogadores que deixaron o equipo, entre eles Romeu, J. Carlos, C. Llonch, P. Amado, Boada ou Glez Chas, o que fixo que os herculinos debutaran na División de Honra cun equipo curto (tan só oito xogadores). O debut liceísta na División de Honra enfrontouno ao Club Patí Vic en Vic, nun partido no que puido sumar a súa primeira vitoria, mais que finalizou cun empate a sete goles que lle valeu para situarse na oitava posición da táboa. A primeira vitoria herculina chegou na segunda xornada, cando derrotou na Polideportiva de Riazor ao CE Noia por 4-2 (3-2 no descanso), sendo ademais o primeiro encontro da máxima categoría do hóckey a patíns español disputado en Galiza. Na súa primeira tempada na División de Honra (1979-80), o daquela Hockey Club Liceo Camisas Texman finalizou a competición de liga na sétima praza cun rexistro de 14 vitorias, 5 empates e 11 derrotas para facer un total de 33 puntos. Na súa segunda tempada, con Campos e Gallén ao mando, o cadro coruñés conseguiu unha histórica terceira praza cunha notable mellora nos resultados, conseguindo 22 vitorias, 1 empate e 7 derrotas; esta terceira posición na liga deulle ao Liceo a posibilidade de debutar nunha competición europea, a Copa CERS, no seu 9º aniversario. No equipo, daquela dirixido por Gallén e Campos, estaban xogadores como P. Llonch, L. Rivero, Carlos Gil, Areces, Cristiano, Zabalía, Chaver, Castiñeiras, J.E. Torner e Arcadio."Cuatro décadas para 37 conquistas" no xornal DxT na edición impresa do día 16 de xuño de 2013 (p. 24) Con todo, Gallén dimitiu no banco liceísta ao considerar que non era posible conseguir os obxectivos que se marcara o club esa tempada, considerando que non era posible nesa tempada que o equipo se proclamara campión de liga, sendo substituído por José María Campos.
A época dourada miniatura|esquerda|200px|Augusto César Lendoiro, presidente do Liceo durante a época dourada do club. Na década de 1980 cun dos mellores grupos da súa historia o Liceo conseguiu tódolos títulos posibles, nesta década, o hóckey a patíns era o deporte rei na capital coruñesa e os partidos rexistraban grandes entradas que en partidos importantes podían chegar a roldar os 10.000 espectadores no Pazo dos Deportes de Riazor.Diario DxT na súa edición impresa do 22 de maio do 2011.
Na tempada 1981-82 comezou a lenda liceísta, pois durante o transcurso da mesma o Liceo Caixa Galicia comezou a selar os primeiros títulos para as vitrinas do equipo que daquela tiña a súa sede na Praza de Lugo da cidade herculina. Cun grupo de xogadores entre os que destacaba a letal dupla formada polos arxentinos Daniel Martinazzo e Mario Agüero, o primeiro título chegou na súa primeira participación na Copa CERS, na que os liceístas derrotaron na final disputada a dobre partido ao HC Monza italiano por 12 goles a 4 na Coruña e 6 goles a 8 en Monza. Dúas semanas antes, o 18 de xullo de 1982, o Liceo conquistara a súa primeira Copa do Rei na localidade de Alcoi logo de impoñerse ao Reus Deportiu por 8 goles a 5, cinco deles anotados por Agüero. A estes dous triunfos uníuselles o subcampionato na División de Honra.
Na súa cuarta tempada, o Liceo completou o seu rápido ascenso ao conseguir o seu primeiro título de Liga, o cal supuxo todo un fito, posto que se trataba do primeiro equipo non catalán que conseguía tal logro. Con xogadores como Huelves, Taibo, Areces, Alabart, Rubio, Alejandro Avecilla, Pujalte, Carlos Figueroa e Celso, e coa figura estelar de Mario Agüero, o Liceo conquistou o título por diante dun FC Barcelona que viña de gañar as seis edicións anteriores de xeito consecutivo. A partir de entón as vitrinas da escuadra coruñesa non fan máis que almacenar máis títulos, non só a nivel peninsular, senón tamén europeo e mundial.
Na tempada 1986-87 chegou á Coruña a primeira Copa de Europa de hóckey sobre patíns da man dos xogadores que poucos anos antes conseguiran o título de Liga, logo de derrotar na final, a dobre partido, ao FC Porto gañando en Porto por 2 goles a 4 e na Coruña por 4 a 3 nun Pazo dos Deportes de Riazor ateigado con 7.000 seareiros nas bancadasVídeo resumo do partido de volta da final da Copa de Europa de 1987 disputado na Coruña. Este título foi acompañado na campaña pola Supercopa de Europa gañada fronte ao FC Barcelona na final a dobre partido por 4-4 na ida e 4-1 no partido de volta, e pola Copa Intercontinental conseguida fronte ao equipo arxentino do Concepción Patín Club de San Juan.
Na tempada 1989-90, logo de finalizar a liga regular na primeira posición con 22 puntos, cinco máis que o segundo clasificado, o tamén coruñés Volkswagen Arrojo Dominicos, con dez vitorias, dous empates e outras tantas derrotas, o Liceo alzouse co título de liga logo de derrotar no terceiro e definitivo partido dos play-offs polo título ao defensor do título, o ONCE Igualada por tres goles a un na Coruña. En xuño 1990 chegou o último título continental que faltaba nas vitrinas liceístas ao proclamarse campión da Recopa de Europa ao derrotar nunha final sen historia disputada a dobre partido ao conxunto belga do RH Rolta Louvain por un contundente 9-2 en Bélxica e 22-1 na Coruña, para alzarse co título os herculinos superaron ao Hockey Monza italiano nos cuartos de final (vitorias por 3-8 e 9-2) e nas semifinais ao Paço d'Arcos portugués (vitorias por 11-1 e 4-8).
Foi nesta época cando a escuadra herculina se converteu nunha das dominadoras (xunto con clubs como o FC Barcelona, o Igualada HC ou o Porto) do hóckey europeo e mundial.
Os anos escuros miniatura|200px|Carlos Gil foi adestrador do Liceo na consecución dos últimos títulos do club antes da seca, que volveu dirixir na segunda etapa dourada. O 26 de xuño de 2000 Lendoiro deixaba a presidencia do club logo de 28 anos no cargo, nos que o club alzou outros tantos títulos nacionais e internacionais. Lendoiro deixaba o club para dedicarse en exclusiva á presidencia do Deportivo da Coruña, e fíxoo nunha asemblea extraordinaria que tivo lugar no salón de actos do Complexo de Elviña, deixando paso a un proceso electoral do que debía saír a nova directiva liceísta.
A partir da temporada 1998-99 o equipo viviu un certo decaemento que xa comezara trala consecución da última Liga do cadro coruñés e que coincidiu co ascenso do Real Club Deportivo da Coruña á Primeira División que implicou un progresivo descenso no número de espectadores nos enfrontamentos do Liceo, que entrou nunha seca de títulos, a cal romperá ao grande na temporada 2002-03, na que gañou a Copa de Europa na Coruña ante a súa afección tras derrotar ao Igualada na quenda de penaltis logo dun intensísimo partido. Ao ano seguinte conseguiu a Supercopa de Europa, a Copa do Rei e a Copa Intercontinental. Aínda así, isto resultou un espellismo, posto que o Liceo pasou en branco as seguintes cinco campañas (2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08 e 2008-09).
En 2005, e logo de case cinco anos dirixido por unha xunta xestora, chegaba á presidencia Eduardo Lamas, que fora secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia e concelleiro no Concello da Coruña.
Á tempada seguinte á consecución da Copa do Rei, a Supercopa de Europa e a Copa Intercontinental, o Liceo acadou unha discreta oitava posición que lle permitiu disputar os play-offs polo título, aínda que caeu na primeira rolda fronte ao FC Barcelona en tres partidos, ademais o conxunto liceísta non se clasificou para a Copa do Rei; tampouco foi boa a tempada europea dos herculinos, xa que caeron eliminados na rolda previa da Copa de Europa polo Salerno italiano, polo que non puideron xogar a fase de grupos da máxima competición europea. Na tempada 2005-06 a situación empeorou, xa que na OK Liga o Liceo non foi quen de clasificarse para os play-offs polo título, tampouco puido clasificarse para a Copa do Rei por segundo ano consecutivo e viuse privado de disputar unha competición europea por primeira vez en moitos anos.