Egitania foi unha cidade fundada polos romanos no actual territorio de Portugal e que corresponde á actual Idanha-a-Velha; era a cidade dos Igaeditanos (Civitas Igaeditanorum). Baixo o dominio dos Flavios recibiu o título de cidade. miniatura| Imitación moderna dunha tremisa cuñada en Egitania durante o reinado de Sisebuto miniatura|Arco romano no conxunto arqueolóxico de Idanha-a-Velha (anterior Egitania) Egitania, chamada así polos suevos e visigodos, foi a sé dunha vasta diocese -a diocese de Egitania- e actualmente é unha aldea da parroquia de Monsanto e Idanha-a-Velha no concello de Idanha-a-Nova, no distrito de Castelo Branco

A cidade de Idanha-a-Velha está clasificada como monumento nacional desde 1997.

Historia

Dominio romano A cidade de Egitania foi fundada polos romanos a finais do século I a. C., na vía entre Augusta Emerita e Bracara Augusta,Cordero (2022), p. 61 durante a última visita de Xulio César á Lusitania. Era unha cidade rica e próspera, con moitos templos, como o exemplifica o podio dun templo. Tamén se discute se puido ser o lugar de asentamento, mesmo temporal, da Ala I Singularium Civium RomanorumMartín (1996), p. 168, pola existencia de varias inscricións.

Segundo José Hermano Saraiva, a cidade estaba cruzada por unha calzada romana; e tamén por un camiño fluvial (río Pónsul). A cidade tamén era un centro mineiro, dada a gran presenza de minas naturais na comarca. No concello de Idanha-a-Nova, aínda hoxe, están rexistradas 22 minas, 11 das cales son de estaño (indispensable para a produción de bronce), 6 de chumbo, tamén un mineral moi importante para a construción civil, catro de cinc e chumbo.

Na rexión, había un xeito de fundir minerais e exportalos, xa que o río Ponsul desemboca no río Texo; e isto facilitaba o transporte do mineral até as grandes cidades mediante un percorrido fluvial en balsas. Porén, con posterioridade, o río Ponsul puido chegar a ser innavegable, xa que o uso agrícola do solo reduciu moito o curso do río, e xunto coa diminución do nivel de precipitación provocou a colmatación do río e, a posterior, decadencia da cidade. Tamén, a chegada das invasións bárbaras ocasionaron a extinción das explotacións mineiras e a desaparición dunha gran fonte de ingresos para a cidade,

Dominio suevo-visigótico Egitania, integrouse no reino suevo na primeira metade so século V, converténdose no principal asentamento urbano do suroeste e como un punto relevante da fronteira sueva cos visigodos.Cordero (2022), p. 64 A primeira mención indicando ao seu status episcopal e tamán á denomincación de Egitania se produce nas actas do Concilio de Lugo (polo 569) en que se crea o bispado por parte de Teodomiro tralas súas conquistas na Lusitania,Flórez (1796), p. 150 quedando baixo a dependencia do bispo de Braga.Flórez (1796), p. 151 Tanto neste concilio como no Segundo Concilio de Braga (572), aparece mencionado un tal Adoricus ou Adorico como bispo de Egitania.

Trala conquista do reino suevo polos visigodos, a diocese de Egitania, xunto coas de Viseum, Conimbriga e Lamecum, foron integradas na igrexa lusitana e postas baixo o control do metropolitano de Mérida.Cordero (2022), pp. 66 Os visigodos, mesmo, intentaron facer de Egitania a sede dunha diocese e, arredor do 585, construíron unha catedral. Dita sede da diocese aínda existe na actualidade, nestá situada na actual cidade da Guarda o que explica que, aínda hoxe, o bispo da Guarda segue a chamarse bispo de Egitania. Dende esa época (séculos VI-VIII), foi notable o número de moedas de ouro (tremissis) cuñadas na ceca de Egitania.Cordero (2022), pp. 69, 70

Lista dos bispos de Egitania A lista baséase nos datos ofrecido polo padre Flórez, na súa España Sagrada, onde no tomo XIV dá información sobre a diocese. Porén os seus datos son parciais.

Adorico: consagrado polo 569, até despois de 572. Commundo: antes do 589.Flórez (1796), p. 152 Licerio: antes do 597 até despois do 610. Montensis: antes do 633 até despous do 638.Flórez (1796), p. 153 Armenio: polo 646 (Sétimo Concilio de Toledo). Selva: antes do 653 até despois do665.Flórez (1796), p. 153 Monefonso: antes do 680 até despois do 688.Flórez (1796), p. 156 Argesindo: antes do 693 en adiante.

Dominio musulmán No ano de 715 os musulmáns tomaron a cidadeFlórez (1796), p. 157 e destruírona, rematando co culto cristián en Egitania. Nesta época emiral, Egitania foi coñecida como Antaniya.Cordero (2022), p. 69

Época medieval Con Sancho I de Portugal, restablécese a sede en 1199, pero é trasladada á cidade da Guarda.Flórez (1796), p. 158 Queda baixo o control da sede compostelá até 1490 en que pasou a depender de Lisboa.

No centro de Egitania, estaba o foro romano; e no medio do foro erguíase un templo, sobre o que os templarios, en 1245, acabaron por erguer unha gran torre. Os reis aínda intentaron repoboar a cidade, pero a presenza dos templarios non atraeu á poboación pois o pobo fuxiu dos seus amos querendo ter unha vida libre, municipal. Hoxe a cidade é un museo ao aire libre.

Restos arqueolóxicos O que queda da cidade ocupa unha gran superficie. Desde o Paleolítico, os ocupantes situáronse nunha terraza na marxe esquerda do río Ponsul, que bordea a cidade. No alto dalgúns montes próximos descubríronse castros (Cabeço dos mouros, Serra de Monsanto).

Na protohistoria, a poboación da rexión era celta, indicada por inscricións con nomes característicos. Unha inscrición datada no 4 a. C. pertencía a un monumento erixido pola cidade de Igeditanos a César. Outras refírense a persoal militar; a gran maioría deles son funerarias.

As murallas, de época romana, cun perímetro duns 750 m, aínda conservan parte de seis torres semicilíndricas, unha rectangular e dúas portas.

Da época suevo-visigoda, ademais de moitas pezas de escultura decorativa, permanecen os cimentos e soportais da catedral.

As escavacións metódicas foron iniciadas en 1955 polos arqueólogos portugueses Fernando de Almeida e Veiga Ferreira, que escavaron, fóra das murallas, parte dun edificio que din podería ser unhas termas romanas. Da época romana tamén se atopou a ponte romana sobre o río Ponsul, con cinco arcos, algúns dos seus piares afundiron; e a bóveda con arcos de medio punto estaba rachada; tramos de beirarrúas romanas e portas romanas. Os achados arqueolóxicos atopados durante os traballos consérvanse no Museu Lapidar Igeditano António Marrocos e no Museo de São Dâmaso. Os devanditos arqueólogos atoparon fóra das murallas unha basílica visigoda e un baptisterio paleocristián.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Cidades da Roma antiga en Portugal Categoría:Wikipedia:Páxinas con mapas Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata