miniatura|Contraste entre Oenanthe crocata, á dereita, e Conium maculatum, á esquerda
Oenanthe é un xénero de plantas da familia Apiaceae. A maioría das especies crecen en terreo húmido, como marismas, pantanos ou na auga.
Varias das especies son extremadamente velenosas e o seu veleno activo é a oenantotoxina. A máis notable destas é o pé de boi ou nabo de San Pedro (O. crocata), que vive en terreos húmidos pantanosos e lembra ao apio con raíces similares a un feixe de grandes cenorias brancas. As follas pode comelas sen perigo o gando, pero os talos e especialmente as raíces ricas en carbohidratos son moito máis velenosas. Os animais que están habituados a comer as follas poden ás veces comer tamén as raíces cando estas quedan ao aire durante a limpeza de regos: unha raíz é velenosa dabondo como para matar unha vaca, e a mortalidade entre as persoas tamén se ten dado. Nalgúns países europeos é considerada a das planta máis velenosa da súa flora, e é considerada especialmente perigosa debido á súa semellanza con varias plantas comestibles.
A especie O. javanica (chamada no Xapón seri; non confundila coa mitsuba ou Cryptotaenia japonica) é comestible e cultívase en varios países do leste de Asia, e tamén en Italia e a India, onde o brote de primavera considérase unha verdura apreciada.
Taxonomía e nome O nome "Oenanthe" era usado en tempos antigos para referirse a diversas plantas, unha das cales foi descrita por Pedanius Dioscorides como planta de "flores brancas... e moitas cabezas [inflorescencias] redondas." Isto foi [mal]interpretado polos herboristas medievais como Filipendula vulgaris ou unha umbelífera. Linné formalizou o seu nome xenérico na obra Species Plantarum en 1753.
Aínda que a palabra deriva en última instancia do grego antigo οίνος, 'viño', e άνθος, 'flor', isto non ten sentido cando se aplica a algunhas plantas para as que se utilizou, polo que parece un nome arbitrario para o xénero. Outras especulacións que fan referencia ao cheiro das flores ou á intoxicación causada por estas plantas están probablemente erradas.
Especies En 2020 en Plants of the World Online de Kew acepta 33 especies dentro do xénero Oenanthe: Oenanthe abchasica Oenanthe aquatica Oenanthe banatica Oenanthe benghalensis Oenanthe crocata Oenanthe cyclocarpa Oenanthe fedtschenkoana Oenanthe fistulosa Oenanthe fluviatilis Oenanthe foucaudii Oenanthe globulosa Oenanthe hookeri Oenanthe incrassans Oenanthe incrassata Oenanthe javanica Oenanthe lachenalii Oenanthe linearis Oenanthe lisae Oenanthe mildbraedii Oenanthe millefolia Oenanthe montis-khortiati Oenanthe palustris Oenanthe peucedanifolia Oenanthe pimpinelloides Oenanthe pringlei Oenanthe procumbens Oenanthe prolifera Oenanthe sarmentosa Oenanthe silaifolia Oenanthe sophiae Oenanthe thomsonii Oenanthe tricholoba Oenanthe virgata miniatura|Oenanthe fistulosa.
Sorriso sardónico Os científicos da Università degli Studi del Piemonte Orientale "Amedeo Avogadro" identificaron que a planta Oenanthe crocata era causante do síntoma sorriso sardónico.News Scan Briefs: Killer Smile, Scientific American, agosto de 2009 Esta planta é un posible candidato para ser a "herba sardónica", que era unha planta neurotóxica mencionada nas historias antigas. Foi utilizada a mantenta para a matanza ritual de persoas anciás e criminais na civilización nuráxica de Sardeña, os cales eran intoxicados con esta planta e despois esfragados desde unha rocha alta ou golpeados ata morreren.
Rexistro fósil Atopáronse metades de froitas de Oenanthe aquatica fósiles do Mioceno superior de Bulgaria, o Plioceno de Turinxia e o Plioceno e Plistoceno de Polonia.The Pliocene flora of Kholmech, south-eastern Belarus and its correlation with other Pliocene floras of Europe de Felix Yu. Velichkevich e Ewa Zastawniak - Acta Palaeobotanica 43(2): 137–259, 2003
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Apioideae Categoría:Taxons descritos por Linné