Manuel Marcial Peleteiro Irago, ou Yrago en documentos en lingua castelá, nado cara a 1920 e finado en Santiago de Compostela o 11 de outubro de 1965, foi un docente galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Químicas e Farmacia. Comezou dando clases na Preceptoría San José de Santiago de Compostela. En 1951 abriu, co apoio da súa muller Dolores, a Academia Minerva. En 1965, tras o seu falecemento, a súa muller pasou a dirixir a academia e mudoulle o nome polo de Colexio Manuel Peleteiro.
Faleceu por mor dunha embolia, días despois de sufrir un accidente de tráfico. Vida persoal
Fillo de María Irago Arnejo e Marcial Peleteiro Estévez. Casou en 1950 con Dolores Ramos Fernández, e foron pais de María Dolores, Xesús, Manuel Felipe, Blanca Xosefina, María Xosé, Luis Ildefonso, o actual director do colexio, Isabel Sofía, e Beatriz da Cruz Peleteiro Ramos.
Notas
Categoría:Nados no século XX Categoría:Finados en 1965 Categoría:Profesores Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela