José Luis Blanco Vega, nado en Mieres o 22 de xullo de 1928 e finado na Coruña o 25 de xaneiro de 2005, foi un xesuíta, docente, poeta e crítico de cine asturiano.

Traxectoria Ingresou con 22 anos na Compañía de Xesús, á que pertenceu até o seu falecemento. Estudou o noviciado en Salamanca, a carreira de Filosofía e Letras na Universidade Pontificia Comillas e en 1958 mudouse a Granada para estudar na Facultade de Teoloxía de Granada.

Luis Blanco foi alumno do biblista Luis Alonso Schökel no Seminario de Comillas. Formou grupo con Jesús Aguirre (que deixou o Seminario e pasou a ser Duque de Alba) e con Jesús Silva (fundador do Circo de los Muchachos).

Profesor por tres anos no Seminario de Carrión de los Condes (Palencia), coincidiu alí co seu amigo xesuíta e biógrafo Modesto Vázquez-Gundín (futuro alcalde de Muras).

En Salamanca trabou amizade co crítico cinematográfico Juan Antonio Pérez Millán, que chegou a ser director da Filmoteca Española. Tamén en Salamanca coñeceu a Cipriano Díaz Marcos, nomeado en 2019 Asistente Rexional para Europa Sur do Padre Xeral dos Xesuítas en Roma.

Foi docente de literatura española, poesía e cinema e escribiu artigos e obras sobre a relación entre o cinema e a educación, como "El cine en las aulas" e "Historias del cine: aprender a ver". Publicou poemas nas revistas Estría: e tamén en Poesia Española:.

Pulicou artigos no xornal compostelán El Correo Gallego:. Foi redactor habitual das revistas Proyección: Teología y mundo actual:, Jesuítas:, Reseña de literatura, arte y espectáculos (Reseña): e co-fundador da publicación pedagóxica Padres y Maestros:. Moitas das súas críticas de cine se recollen no anuario Cine para Leer.

Foi asesor para o guión da película Canciones para después de una guerra dirixida polo seu amigo Basilio Martín Patino, encargándose Blanco da selección das músicas do filme.

Na súa laboura como tradutor destaca a monografía Pier Paolo Pasolini, de Virgilio Fantuzzi.

O crítico Tomas Yerro incluíuno no movemento literario, proposto por Florencio Martínez Ruiz, Nuevo Mester de Clerecía, grupo de poetas en castelán da segunda metade do século XX. A maioría dos poemas de Blanco Vega permaneceron inéditos até 1997. Foi amais autor de contos e letras de cancións infantís. Escribiu tamén himnos litúrxicos.

Despois do seu pasamento, foi obxecto de varias homenaxes.

Obras El caracol (recurso sonoro) (1982) El caracol guía de actividades (1982) Siete palabras a Jesús crucificado (recurso sonoro) (1983) Himnos de la liturgia de las horas (1984) El canto del hermano sol (1985) Jonás, el de la ballena (1985) Moisés, el libertador (1985) Amigo Lázaro (1985) Y Jesús murió (1985) Abrahán y las estrellas (1985) La balada de Rut (1985) El estilo literario: arte y artesanía (EGA, 1995; xunto con Luis Alonso Schökel e Francisco Pérez Gutiérrez). Y tengo amor a lo visible (1997). Recompilación de poesía na que expresa a súa visión do mundo e da fe. Noticia de Lázaro (1998) Y vivieron felices... (1998) Espíritu Santo, guíanos (CD) (1998) Chants from the Holy Land CD-10. The singing Jesuits: Live during Easter Week in Jerusalem - Catholic" (Blanco Vega, J.L. et al. 1998). Un coro de sacerdotes-peregrinos xesuítas españois a Terra Santa interpreta esta colección de himnos e cancións modernas e tradicionais que foron gravadas en directo en castelán na igrexa do Instituto Pontificio Bíblico de Xerusalén durante a Semana Santa. Vals del camino (Blanco Vega, J.L., letra e música) El recuerdo (Blanco Vega, J.L., letra. García de Dios, J.M., música) Belen, XX Siglos Lejana (Blanco Vega, J.L., letra e música) Notas

Véxase tamén

Categoría:Xesuítas de España Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Educadores de España Categoría:Críticos de cinema Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Mieres Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Poetas de España Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Finados en 2005