Wall Street é unha rúa do Baixo Manhattan, na cidade de Nova York. Corre ao sueste desde Broadway, a través do distrito financeiro até South Street no East River.
Etimoloxía O seu nome significa "rúa do muro" e de feito provén dun muro construído polos holandeses no século XVII. O muro foi erixido para protexer a colonia de Nova Ámsterdam, que máis tarde se convertería en Nova York, dos ataques e posíbeis invasións ou incursións por parte de colonos ingleses e tribos nativas americanas incluíndo osindios iroqueses. O muro estaba situado na parte norte da colonia, que hoxe simboliza o distrito financeiro neoiorquino.
Aínda que a orixe máis aceptada do nome é a de que a presenza deste muro é o que eventualmente deu nome á rúa, tamén hai relatos que suxiren unha orixe alternativa, que o nome podería derivar dos "walloons", que eran parte dos primeiros colonos belgas de fala francesa nesa área.
Actividade financeira É o fogar da Bolsa de Nova York (New York Stock Exchange), a maior bolsa de valores do mundo e do Salón Federal (Federal Hall).
A maioría das sedes de moitas outras bolsas estadounidenses NYSE, NASDAQ, AMEX, NYMEX, NYBOT tamén se realizan desde Wall Street.
O termo "Wall Street" úsase a miúdo para referirse en xeral a toda a industria financeira estadounidense ou mesmo como unha metonimia da economía estadounidense no seu conxunto.
Notas
Véxase tamén
Bolsa de valores Economía dos Estados Unidos de América
Categoría:Nova York Categoría:Mercados financeiros Categoría:Rúas