A A-76 ou autovía do acceso centro a Galicia é unha autovía española en proxecto que prevé unir as cidades de Ponferrada e Ourense pasando por Monforte de Lemos.

Seguirá un percorrido similar ao da estrada N-120, a través das provincias de León, Lugo e Ourense, pasando por grandes vilas como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga e Monforte de Lemos.

Espérabase que estea acabada en 2018, mais aínda non comezaron as obras.

Proceso de creación En 2004 o PSOE presentou a promesa electoral de desdobrar a N-120 (Logroño-Vigo) en autovía no treito que discorre desde Ponferrada ata Monforte de Lemos. Esta promesa foi reiterada por parte de José Blanco, sendo oposición, na localidade monfortinahttp://www.youtube.com/watch?v=4O7aUwiPv6M Vídeo da campaña electoral de 2004. Mitin en Monforte]. YouTube. e despois, unha vez máis, xa co goberno de José Luis Rodríguez Zapatero en España.

O proxecto formulárase nun principio coa intención de proporcionar acceso ao centro de Galicia unindo Monforte de Lemos e Ponferrada. Máis tarde considerouse a idoneidade de prolongalo ata a cidade de Ourense. Posteriormente contemplouse a A-76 como unha autovía para conectar as cidades de Ponferrada e Ourense, por Monforte de Lemos, cun trazado paralelo ao da N-120.

Está contemplada no Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transporte do Ministerio de Fomento.

Trazado e polémica En 2006 o Ministerio de Fomento, a través da empresa consultora de proxectos encargada do estudo informativo (Prointec), remitiulles ós alcaldes das corporacións das vilas afectadas as catro alternativas ao trazado que se contemplaban:

As dúas primeiras transcorren polas actuais N-120 e N-536 respectivamente, na súa saída do Bierzo cara a Ourense. A terceira segue o trazado de conexión da cidade de Ourense co oriente da provincia e o Bierzo polas estradas autonómicas galegas OU-636 e OU-536 (antiga N-120), que discorre por Esgos, Maceda, Montederramo, A Teixeira, O Castro de Caldelas, San Xoán de Río, A Pobra de Trives e Larouco ata a localidade da Rúa. A cuarta contempla un trazado alternativo desde Canaval (Sober) ata Ourense, a través da Ribeira Sacra.

A diversidade de trazados provocou un conflito entre comarcas e partidos políticos.A autovía A-76 enfronta ás comarcas das dúas beiras do Sil. Vieiros, 13 de marzo de 2007 O 25 de xaneiro de 2007, nunha reunión con sindicatos, axentes sociais, e a comisión de seguimento da autovía do trazado lugués, José Blanco, secretario de organización do PSOE, asegurou que "a súa palabra vale máis que a de calquera cargo do Ministerio de Fomento". Reiterou a promesa do trazado polas terras de Monforte de Lemos e anunciou, así mesmo, que se construiría unha vía de alta capacidade coa Pobra de Trives, o que foi criticado por partidarios do trazado trivés.A Plataforma pro A-76 por Trives podería denunciar a José Blanco por afirmar que a futura autoestrada pasará por Monforte

Entre tanto, tras senllas reunións cos representantes das plataformas que apoian os distintos trazados, responsables do Ministerio de Fomento coma o secretario de estado de Infraestruturas, Víctor Morlán, aseguraron que o trazado final se decidiría en base a "criterios técnicos". Os partidarios do trazado trivés realizaron unha cadea humana de protesta o 19 de agosto de 2007 por unha parte da estrada que comunica Trives con Larouco.10 kilómetros de cadena humana en Trives para pedir una autopista

Finalmente, o trazado da autovía A-76 pasará por Monforte de Lemos e conectará co Porto Seco que se está a construír en Monforte.

Tramos Tramo Quilómetros Estado (2020)A-6 (Villamartín da Abadía) - Requeixo 6,35 Proxecto terminado (licitado en decembro do 2014) O expediente de Información Pública foi aprobado o 14 de marzo do 2019(pendente licitación de obras) Requeixo - A Veiga de Cascallá 11,95 En redacción do proxecto (adxudicado en xuño do 2017) A Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras (Este) 8,5 Proxecto terminado (licitado en decembro de 2014) O expediente de Información Pública aprobouse o 10 de maio do 2018Modificación da nova información pública - pendente de aprobación(pendente licitación de obras) O Barco de Valdeorras (Este) - (Vilamartín) - Rúa 16,9 Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) Rúa - (San Miguel de Montefurado) - Figueiredo 6,59 Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) Figueiredo (Soldón) - (Quiroga) - San Clodio 7,58 Estudo informativo terminado (pendente licitación de proxecto) San Clodio - Carballo de Lor 13,52 Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) Carballo de Lor - Pobla do Brollón 7,62 Estudo informativo terminado (pendente licitación de proxecto) Pobla do Brollón - Monforte (Este) 5,7 Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) Circunvalación sur de Monforte Monforte (Este) - Babela 7,7 En redacción do proxecto (adxudicado en xullo do 2018) Babela - Os Peares 15,82 Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto) Os Peares (Barra de Miño) - Lagariños A-56 22,92 Estudo informativo terminado (pendente licitación do proxecto)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Autoestradas e autovías de Galicia

Ligazóns externas Web da Plataforma Pro-Autovía A-76, Corredor 3 por Ourense Web do Foro Terra de Lemos

Categoría:Autovías interurbanas de España Categoría:Autovías do Estado en Galicia Categoría:Estradas da provincia de Lugo Categoría:Estradas da provincia de Ourense