A bandeira de Sicilia (en ; tamén coñecida como Trinacria)é un símbolo oficial de Sicilia. Componse dun tríscele (unha figura de tres pernas dispostas en simetría rotacional), e no seu centro unha Gorgona (representación da cabeza de Medusa) cun par de ás e tres espigas de trigo. Na bandeira orixinal, as espigas de trigo non existían e as cores estaban invertidas. A bandeira orixinal foi creada en 1282 durante a rebelión das Vésperas de Sicilia.

Descrición A bandeira caracterízase pola presenza dun tríscele no seu medio formado pola cabeza alada dunha muller (Dea Iblea, deusa da fertilidade entre o antigo pobo siciliano), cabeza rematada cun nó de serpes e tres espigas de trigo, das que irradian tres pernas dobradas, representando a extrema fertilidade da terra de Sicilia.Radicini, Ninni. "The Trinacria: History and Mythology | The Symbol of the Hellenic Nature of Sicily | Article by Ninni Radicini." The Trinacria: History and Mythology | The Symbol of the Hellenic Nature of Sicily | Article by Ninni Radicini. N.p., n.d. Web. 09 Nov. 2014. Dise que o símbolo do tríscele representa os tres cabos da illa de Sicilia, a saber: Pelorus (Peloro, Punta de Faro, Messina: Nordeste); Pachynus (Passero, Siracusa: Sur); e Lilybæum (Lilibeo, Cabo Boeo, Marsala: Oeste), que forman tres puntos dun triángulo a partir dos históricos tres vales da illa.Radicini, Ninni. "The Trinacria: History and Mythology | The Symbol of the Hellenic Nature of Sicily | Article by Ninni Radicini." The Trinacria: History and Mythology | The Symbol of the Hellenic Nature of Sicily | Article by Ninni Radicini. N.p., n.d. Web. 9 de novembro de 2014.

A bandeira está dividida en diagonal en rexións de cor vermella, a cor de Palermo, e amarela, a cor de Corleone. Estas son as dúas cidades que iniciaron a revolución das vésperas sicilianas. A bandeira foi usada durante a revolución medieval das Vésperas.

Notas

Categoría:Sicilia Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras introducidas en 2000