Paul de Baeck, nado en Lille o 22 de decembro de 1911 e finado en Anveres o 7 de maio de 1989, foi un empresario, numismático e coleccionista de moedas e de arte belga, que presidiu a Sociedade Real de Numismática de Bélxica entre 1980 e 1982.
Traxectoria
Orixe familiar Paul de Baeck naceu en Lille, Francia, en 1911, aínda que pasou a maior parte da súa vida na cidade belga de Anveres. A súa familia pertencía á alta burguesía adiñeirada de Flandres, con intereses no Bank van Mariaburg e na compañía de seguros Antverpia.Moors, E. (1991) . Páxina 95.
Traxectoria profesional A súa vida profesional transcorreu nos negocios empresariais e na dirección de diversas compañías de seguros e bancarias, tanto en Francia como en Bélxica.Colaert, M. (1989). Páxina 278. En 1935 incorporouse á compañía Antverpia e a partir de novembro de 1959 pasou a ser o director xeral e presidente do consello de administración, cargo que ocupou ata a súa xubilación, o día 1 de xaneiro de 1977.
Á marxe da súa actividade profesional, de Baeck era un apaixonado da arte —a súa casa de Anveres estaba repleta de obras de arte— e, sinaladamente, da numismática. Ao longo da súa vida cultivou unha importante colección de moedas entre as que destacaban pezas do Brabante, do Reino de Bélxica e das cecas dos Países Baixos meridionales, moedas seléucidas e outras da Antigüidade, fichas comerciais provinciais de Bélxica, emisións de Luís XIV de Francia e billetes franceses da época da Revolución.Colaert, M. (1989). Páxina 279. En 1964 realizou unha importante doazón de parte da súa colección persoal ao Gabinete de Medallas da Biblioteca Real de Bélxica.Lallemand, J. (1969). "Le Cabinet des Médailles". En Bibliothèque Royale. Mémorial 1559-1969. Páxinas 297-309. Bruxelas.
Entre outras entidades e sociedades eruditas, de Baeck pertenceu á Alianza Numismática Europea desde 1950, ano da súa fundación, e chegou a presidir esta entidade entre 1965 e 1982. Igualmente, en 1952 ingresou como membro correspondente na Sociedade Real de Numismática de Bélxica, e en 1962 pasou a ser membro de número. Nesta entidade foi elixido tesoureiro (1967), vicepresidente (1976) e, finalmente, presidente (1980), e dous anos despois negouse a ser reelixido por mor da súa idade.Moors, E. (1991) . Páxina 97.
Ademais da súa faceta de coleccionista, de Baeck recuperou a tradición da emisión de fichas monetiformes de carácter persoal, que fora habitual entre os numismáticos adiñeirados do século XIX. Entre 1969 e 1988 fixo cuñar vinte destas fichas con modelos diferentes —producidas na compañía Mauquoy, de Anveres—Moors, E. (1991) . Páxina 98., todas elas destinadas a seren regaladas en Aninovo, coa excepción da derradeira, conmemorativa das súas vodas de ouro en 1987. En 1988 de Baeck cancelou a emisión destas fichas persoais logo do falecemento da súa esposa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Colaert, M. (1989). "Paul de Baeck (1911-1989)". En Revue belge de numismatique et de sigillographie. 135. Páxinas 278-279. Moors, E. (1991). "Een reeks moderne nieuwjaarspenningen ". En Jaarboek 991. Europees Genootschap voor Munt- en Penningkunde. Páxinas 95-114.
Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Nados en Lille Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes