Tranås é un concello sueco no condado de Jönköping. A súa capital é a localidade de Tranås.
O municipio atópase na parte norte das terras altas do sur de Suecia e a súa paisaxe é moi variada. Durante moitos anos, Tranås foi coñecido pola súa industria do coiro e da pel, que comezou a implantarse no século XIX, pero esta industria foi substituída desde entón por un sector empresarial diferenciado.
Dende a fudación do concello en 1971 e ata o ano 2000 o municipio perdeu poboación, pero a tendencia cambiou dende entón. En decembro de 2024 Tranås tiña unha poboación de 18 604 habitantes.
Xeografía O concello limita ao sur co municipio de Aneby e ao sueste co de Jönköping, os dous no condado de Jönköping. Ao norte limita co concello de Ödeshög, ao leste co de Boxholm, e ao sueste co de Ydre, os tres no condado de Östergötland.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jönköping